A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello, coa colaboración da Comunidade de Montes de Zamáns, a Asociación Veciñal San Mamede de Zamáns e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan unhas xornadas sobre toponimia. As distintas persoas que están a traballar na recollida de topónimos tradicionais darán a coñecer o seu traballo en distintas parroquias de Vigo, co obxecto de divulgar o legado histórico.
Tag Archive for toponimia vigo
Libros gratis sobre a Toponimia do Val do Fragoso
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ven desenvolvendo dende 2010 un proxecto de recuperación da toponimia tradicional local, consistente na recollida e divulgación da microtoponimia das parroquias de Vigo. Este proxecto comezou polas parroquias de Coia e Lavadores e o resultado desas investigacións plasmouse en dous libros, «Toponimia do Val do Fragoso. Coia» e «Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores», escritos por Iván Sestay e coa colaboración da Universidade de Vigo.
Category: Cosas gratis, Cultura, Ocio / Tags: libros gratis, servizo de normalización lingüística de vigo, toponimia vigo