Tag Archive for libros gratis

Bookcrossing no MARCO o martes 23 de abril

Logo_MarcoCoincidindo co Día Internacional do Libro, o museo MARCO únese á experiencia do bookcrossing na que participarán 61 museos e centros de arte de todo o mundo co obxectivo de unir ás bibliotecas dos museos de arte no esforzo de fomentar da lectura e na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas. Desta forma, o martes 23 de abril liberaranse un total de 40 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do museo.

Read more

Solta de libros no Monte do Castro o venres 19

soltalibrosO próximo martes 23 de abril celebráse o Día do Libro e, en conmemoración de esta data, o centro de lecer xuvenil Súbete ó Castro celebrará unha solta de libros este venres 19 a partir das 16:00. Esta actividade faise baixo a filosofía do Bookcrossing, que non se trata doutra cousa máis que de deixar libros en lugares públicos para que os recollan e disfruten outros lectores, que logo deberán facer o mesmo.

Read more

Libros gratis sobre a Toponimia do Val do Fragoso

Manual-Cabos 3O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ven desenvolvendo dende 2010 un proxecto de recuperación da toponimia tradicional local, consistente na recollida e divulgación da microtoponimia das parroquias de Vigo. Este proxecto comezou polas parroquias de Coia e Lavadores e o resultado desas investigacións plasmouse en dous libros, «Toponimia do Val do Fragoso. Coia» e «Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores», escritos por Iván Sestay e coa colaboración da Universidade de Vigo.

Read more

Café y libros gratis en «Detrás do Marco» (c/Londres, s/n)

Mañana domingo 25 de noviembre si vais a tomar algo a la cafetería Detrás do Marco -que está donde su nombre indica- os podréis llevar un libro de regalo. Se trata de ejemplares de segunda mano, donados por sus dueños y que estarán expuestos en una mesa -los libros, no los dueños, obvio-. La promoción empieza a partir de las 12:00 horas y durará lo que duren los libros en la mesa. Aún así, se ha puesto un límite de un libro por cliente para que se pueda beneficiar el mayor número de personas.

Read more

Recital de «Un mundo de poesía» no Calvario

A Asociación de Veciños do Calvario organiza xunto co Grupo Brétema un recital de poesía para celebrar o Día das Letras Galegas. Contarán coa presencia de Carmeliña e do propio Grupo Brétema e o acto estára aberto a todo o que queira participar recitando poesía. Ademáis, terán un posto de venda para libros e tamén darán algúns libros de poesía gratis.

Se vos interesa, estarán hoxe á tarde, desde as 17:00 ata as 20:00 na praciña que hai diante do Mercado do Calvario.