Xornadas gratuítas sobre toponimia o 7 e 8 de xuño

Manual-Cabos 3A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello, coa colaboración da Comunidade de Montes de Zamáns, a Asociación Veciñal San Mamede de Zamáns e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan unhas xornadas sobre toponimia. As distintas persoas que están a traballar na recollida de topónimos tradicionais darán a coñecer o seu traballo en distintas parroquias de Vigo, co obxecto de divulgar o legado histórico.

Velaquí tedes o programa destas xornadas:

Venres, 7 de xuño no Verbum (Avda. Samil, 17)

  • 17:15: Presentación da xornada a cargo de Isaura Abelairas (concelleira de Normalización Lingüística) e Manuel Fernández (vicerreitor de Relacións Internacionais e Extensión Universitaria)
  • 17:30: «Toponimia de Vigo», por Gonzalo Navaza (profesor da Universidade de Vigo e membro de AGON)
  • 18:15: Descanso
  • 18:30: Presentación das ferramentas informáticas de Cartografía por Informática do Concello de Vigo
  • 19:00: Toponimia de Sárdoma-Freixeiro (por Iván Sestay), de Beade (por Lorena Carrasco) e de Arcade (por Iria Míguez Seoane)

Sábado 8 de xuño na Asociación Veciñal San Mamede de Zamáns (Estrada Zamáns, 251)

  • 10:00: Presentación da situación do proxecto Toponimia do Val do Fragoso
  • 10:30: Toponimia de Bembrive, por Marta Álvarez e Roberto Ballesteros (alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive)
  • 11:00: Toponimia de Cabral, por Iván Sestay e Manuel Costas Duarte (secretario Comunidade de Montes e AVV de Cabral)
  • 11:30: Toponimia de Candeán, por Afonso González e Xoán Colazo Pazó (vogal da Comunidade de Montes de Candeán)
  • 12:00: Pausa
  • 12:20: Toponimia de Valadares, por Laura Benedicto
  • 12:40: Toponimia de Comesaña, por Anxo Rodríguez e Carlos Alonso (presidente da Comunidade de Montes en Man Común)
  • 13:10: Toponimia de Zamáns, por Beatriz Varandas e Juan Carlos Rodríguez Torres (presidente da A.V. de Zamáns)
  • 13:40: Contada sobre toponimia, por Avelino González
  • Pausa para xantar no parque forestal de Zamáns (comida pola conta de cadaquén)
  • 16:30: Roteiro guiado por informantes da parroquia.

Estas son unhas xornadas abertas a toda a cidadanía, aínda que requiren de inscripción previa. Para iso, tedes que descargar o seguinte arquivo, enchelo cós vosos datos e envialo ao correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org antes de mañá xoves 6 de xuño. Entregarase diploma xustificativo da asistencia.

Máis información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*