Coincidindo co Día Internacional do Libro, o museo MARCO únese á experiencia do bookcrossing na que participarán 61 museos e centros de arte de todo o mundo co obxectivo de unir ás bibliotecas dos museos de arte no esforzo de fomentar da lectura e na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas. Desta forma, o martes 23 de abril liberaranse un total de 40 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do museo.
Tag Archive for bookcrossing en vigo
Solta de libros no Monte do Castro o venres 19
O próximo martes 23 de abril celebráse o Día do Libro e, en conmemoración de esta data, o centro de lecer xuvenil Súbete ó Castro celebrará unha solta de libros este venres 19 a partir das 16:00. Esta actividade faise baixo a filosofía do Bookcrossing, que non se trata doutra cousa máis que de deixar libros en lugares públicos para que os recollan e disfruten outros lectores, que logo deberán facer o mesmo.