Tag Archive for documentales

X Festival Internacional de Documentais Play-Doc en Tui do 2 ao 6 de abril

Mañá mércores regresa o Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, festival independente cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso. Como este ano celebra a súa décima edición reunirá algunhas das películas máis emblemáticas que pasaron polo festival, que encarnaron diversas tendencias dende o cinema autobiográfico ao cinema directo, pasando pola crítica social ou o ensaio político. Read more

XXII Semana de Cine Submarino de Vigo

Ya está aquí la nueva edición de la Semana de Cine Submarino de Vigo, que este año celebra su 22º aniversario. Como viene siendo habitual, las proyecciones de los documentales tendrán lugar en el Centro Cultural Novacaixagalicia los días 28, 29 y 30 de noviembre a partir de las 20:00h y la entrada es libre hasta completar aforo. La entidad organizadora, Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, acaba de hacer público el programa de esta edición. En cada una de las jornadas se proyectarán dos documentales (de aprox. 50 minutos de duración cada uno) y habrá un posterior debate con un experto en la materia.

Read more

Estreno del documental «La Educación Prohibida»

Hoy es el estreno mundial de «La educación prohibida«, un largometraje documental que toma como punto de partida la necesidad de flexibilizar el modo en que ha sido entendida la Educación durante los últimos 200 años y cuyo objetivo principal es abrir un nuevo espacio de debate en el que se aborde el estado de tres elementos íntimamente relacionados entre sí: la educación, la escolarización y el aprendizaje.

Read more

Proxección de «The Filth and The Fury» en A Cova dos Ratos

The Filth and The FuryMañá pola tarde proxectan na Cova dos Ratos (Romil, 3) «The Filth and The Fury» (Julien Temple, 2000) documental sobre a historia do lexendario grupo punk The Sex Pistols. Os Sex Pistols só duraron 26 meses e grabaron un único disco, así e todo cambiaron o panorama musical por completo. The Filth And The Fury é un irreverente, íntimo e estremecedor retrato do que quizais sexa o grupo de rock máis famoso de tódolos tempos.

O documental segue a ascensión do grupo dende as sucias rúas do Londres dos anos setenta, a súa crucifixión polos xornais sensacionalistas británicos e a súa canonización polos centos de miles de fans de todo o mundo ata o seu estalido final durante unha xira por Norteamérica. Ó longo dese camiño desmóntanse mitos, sáldanse contas pendentes e escóitanse por primeira vez as palabras do grupo que, dunha vez por todas, sae da sombra do que foi o seu egocéntrico representante, Malcolm McLaren. A película, que cuestiona o pano de fondo político, económico e cultural do Londres de mediados dos setenta -e que eu engadiría que é moi parecido ao que estamos vivindo hoxe aquí- evoca o que se converteu nun momento de transición clave da historia social inglesa.

A proxección dará comezo ás 20:15 e rematará sobre as 23:00. Como todas as actividades que organizan na Cova dos Ratos, a entrada é gratis. Déixovos co trailer (en inglés) para que vaiades abrindo boca.

Celebración do día mundial do Teatro na ESAD

Cartel do día mundial do TeatroCo gallo do Día Mundial do Teatro, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) organiza para mañá martes día 27 unha serie de actividades de entrada libre e gratuita. Aquí vos vai o programa:

9:30 – Leerase o Manifesto do Día Mundial do Teatro (redactado orixinalmente polo actor John Malkovich) en distintas linguas.

10:00 – Inauguración da exposición fotográfica de Ricardo Alcalde.

10:30 – Presentación do nº 70 da Revista Galega de Teatro.

11:15 – Proxección do documental «Isaac», de Xosé Abad, a modo de homenaxe a Isaac Díaz Pardo.

12:30 – Mostra «Deseño de proxectos escénicos», onde os asistentes poderán ver unha selección de traballos das catro especialidades impartidas no centro (interpretación, escenografía, dramaturxia e dirección escénica).

13:30 – Entrega do IV Premio Marta Sieiro a novos intérpretes. Representación dos traballos gañadores.

Ademáis, o alumnado de 1º de Interpretación guiará ao público polos espazos da escola durante os entreactos das actividades programadas.

Navia: un barrio, un espectaculoXa á tardiña, ás 19:30 terá lugar o evento teatral Navia: un barrio, un espectáculo, proxecto que consistirá na realización dun evento teatral que terá a súa orixe nos trazos singulares do barrio de Navia. Será xerado mediante o contacto directo entre un grupo de artistas (alumnos e egresados da ESAD de Galicia), un territorio (Navia) e a comunidade que nel vive, tendo aos veciños como destinatarios preferentes.

Comeza hoxe o Play-Doc 2012!

Cartel da 8ª edición do Play-DocDende hoxe ata o domingo, os amantes do cine documental tedes unha cita inesquecible en Tui. A oitava edición do Festival Internacional de Documentais Play-Doc dará comezo hoxe pola tarde no Teatro Municipal de Tui. A presente edición está especialmente adicada á paisaxe e o cine autobiográfico.

Antonte na súa presentación, os directores do festival, Ángel Sánchez e Sara García, quixeron resaltar o compromiso do certame por “un cinema tan periférico e de difícil acceso como esencial”. Tales son os casos das obras dos cineastas invitados, Ross McElwee e Artavazd Pelechian. O primeiro, considerado un dos pais do documental autobiográfico contemporáneo nos Estados Unidos, virá acompañado do seu fillo para presentar Photographic Memory, na que reflexiona precisamente sobre as relacións paterno-filiais, ademáis de sete dos seus filmes máis representativos. Pola súa banda, o armenio Artavazd Pelechian, lenda viva do cinema soviético experimental, mostrará ao público a súa filmografía completa.

Play-Doc defínese tamén pola súa coidada sección oficial, na que cinco filmes competirán por un galardón de 5.000 euros. Entre elas temos a representante galega na sección, Vikingland, de Xurxo Chirro, un retrato da nosa diáspora a través dos ollos dun mariño mercante guardés. Play-Doc non se esquece do cinema do país, dedicándolle un espazo propio no que poderán descubrirse os últimos traballos de Sandra Sánchez, Lois Patiño e Ángel Santos.

  • ¿Cando?: do mércores 21 ata o domingo 25, polas tardes-noites. Tedes aquí os horarios das proxeccións.
  • ¿Onde?: no Teatro Municipal de Tui (R/Colón, 2).
  • ¿Canto custa?: a entrada para cada sesión (cada un dos recadros dos horarios) custa 2€, e a entrada do concerto do sábado (Members of Morphine and Jeremy Lyons) na Sala Metropol custa 10€.