Bookcrossing no MARCO o martes 23 de abril

Logo_MarcoCoincidindo co Día Internacional do Libro, o museo MARCO únese á experiencia do bookcrossing na que participarán 61 museos e centros de arte de todo o mundo co obxectivo de unir ás bibliotecas dos museos de arte no esforzo de fomentar da lectura e na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas. Desta forma, o martes 23 de abril liberaranse un total de 40 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do museo.

Todos os libros liberados estárán acreditados coas súas correspondentes etiquetas, que conteñen as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar onde atoparon cada exemplar e o lugar onde o liberaron.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*