Tag Archive for clases de teatro gratis en vigo

Obradoiro gratuito de improvisación teatral en galego en Vigo en abril e maio

O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Por iso a Concellería de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, no que o obxectivo é tomar consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá a un espazo ficcional.

Este obradoiro gratuito diríxese a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas. Terá un total de 21 horas lectivas presenciais os días 12, 19, 26 de abril e 3, 10, 24, 26 de maio en horario de 17:00 a 20:00 no Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2).

Read more

Obradoiro gratuito de teatro improvisado impartido por Uxía Blanco

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organiza a través do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo un obradoiro de teatro improvisado en galego que será impartido pola actriz Uxía Blanco. O obxectivo deste obradoiro gratuito é dotar ao alumnado de recursos para saír airosos no mundo do espectáculo, así como dotalos de recursos para resolver calquera situación na vida real, á par que melloran a súa expresión oral en galego.

Read more

Cursos de música e artes escénicas para o 1º semestre de 2014 en Súbete ó Castro

subete o castroO espazo público de ocio alternativo Súbete ó Castro publicou recentemente un avance da súa programación formativa para o primeiro semestre do ano. Trátase dos cursos gratuitos de formación musical e artes escénicas que terán lugar dende a primeira semana de febreiro ata xuño en clases semanais de unha hora, en grupos reducidos e distintos niveis.

Read more

Novos cursos musicais e de artes escénicas en Súbete ó Castro

Logo de Súbete ó CastroA finais de setembro comenzan novos cursos gratuitos de formación musical e de artes escénicas en Súbete ó Castro, o espazo de ocio alternativo que ten a Concellaría de Xuventude de Vigo no monte de O Castro. Se tes entre 13 e 35 anos poderás apuntarte a partir de mañá nos cursos de guitarra, batería, técnica vocal, breakdance e improvisación teatral que se impartirán neste espazo entre o 24 de setembro ata o 22 de decembro (¿chegaremos ata esa data?).

Read more