O espazo público de ocio alternativo Súbete ó Castro publicou recentemente un avance da súa programación formativa para o primeiro semestre do ano. Trátase dos cursos gratuitos de formación musical e artes escénicas que terán lugar dende a primeira semana de febreiro ata xuño en clases semanais de unha hora, en grupos reducidos e distintos niveis.