Cursos e actividades da Concellería de Xuventude ata maio de 2015

Neste artículo recopilaremos todas as actividades, obradoiros e cursiños de formación organizados polos espazos dependentes da Concellería de Xuventude (Súbete ó Castro, Punto Xove, Casa da Xuventude e Vigosónico) durante o primeiro semestre de 2015. Todas estas actividades teñen en común que son gratuitas (normalmente baixo inscrición previa) e diríxense a xoves de entre 13 e 35 anos empadroados en Vigo.

Casa da Xuventude e Punto Xove

xuventude vigo xanmar2015 1

xuventude vigo xanmar2015 2

Como inscribirse e máis información

A inscrición nos cursiños de formación realízase cubrindo este formulario de preinscrición, puidendo solicitar praza nun curso e indicar no apartado de Observacións se estás interesado noutros. Rematado o prazo de inscricións comunicarase por medio do correo electrónico a concesión de prazas. No caso dos obradoiros creativos da Casa da Xuventude tedes que contactar directamente con eles para solicitar praza.

  • Punto Xove: Rúa López de Neira 27 (ao lado da Rúa Príncipe), teléfono 986 223 004
  • Casa da Xuventude: Rúa López Mora 31, teléfono 986 294 806, mail xuventude@vigo.org

 

Vigosónico

[ACTUALIZACIÓN 24/02/2015] Xa temos a nova programación para marzo e abril. Nela inclúense os cursos de formación musical que anteriormente se impartían en Súbete ó Castro, espazo pechado dende hai uns meses.

programacion vigosonico marzo abril 2015

Como inscribirse e máis información

A inscrición nas actividades (excepto cursos formación musical) realízase cubrindo este formulario de preinscrición, puidendo solicitar praza nun máximo de 3 cursos por orde de preferencia. Rematado o prazo de inscricións comunicarase por medio do correo electrónico a concesión de prazas. Para os cursos de informática (Deseño gráfico e Deseño de carátulas CD) precísase ter práctica no emprego de correo electrónico e de informática básica.

Para os cursos de formación musical, que terán lugar entre os meses de marzo e maio, tedes que cubrir este outro formulario de preinsrición e posteriormente recibiredes un correo coas datas e horarios para que podades confirmar a matrícula. Ademáis, tede en conta que para o curso de guitarra tedes que levar a vosa propia guitarra clásica ou eléctrica e para o de batería un xogo de baquetas.

Vigosónico atópase en Estrada do Portal, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valladares, ao lado do vial de baixada da Universidade de Vigo. Para achegarse a este espazo poden empregarse as liñas de Vitrasa U1, C7 e L8

Auditorio Mar de Vigo

Tras o peche de Súbete ó Castro, a Concellería de Xuventude organizou un Programa Municipal de Dinamización Xuvenil no Auditorio Mar de Vigo (Avenida Beiramar, 59) coas seguintes actividades:

Cartel WEB Segundo Asfalto

Iremos actualizando a entrada a medida que se vaian facendo públicas as distintas programacións. Máis información en xuventudevigo.org

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*