Search results for vigosonico

Cursos e actividades en Vigosónico para o mes de outubro

Tras Súbete ó Castro, Casa da Xuventude e Punto Xove, xa só quedaba Vigosónico por presentar programación para este outono. Este espazo para a mocidade que o Concello de Vigo ten no Parque Tecnolóxico de Valladares anunciou recentemente a súa programación para o mes que vén, na que atopamos cursos, obradoiros e outras actividades destinadas a mozos vigueses entre 13 e 35 anos. Velaquí a tedes:

Read more

Cursos gratuitos de son e deseño no mes de maio en Vigosónico

O espazo Vigosónico dependente da Concellería de Xuventude e sito no Parque Tecnolóxico de Valladares volve á carga cunha nova quenda de actividades formativas de balde dirixidas á mocidade viguesa. Neste caso son catro os cursiños ofertados, todos eles de nivel básico e  terán lugar no mes de maio:

Read more

«NadalSónico 2013» do 13 ao 28 de decembro en Vigosónico

nadalsonicoVigosónico vén de presentar o seu programa de actividades de Nadal baixo a denominación «NadalSónico 2013». Para este Nadal teñen preparadas moitas actividades variadas  dirixidas a xóvenes entre 13 e 35 anos: concertos, torneos de xogos de mesa e videoxogos, clases de música e máis… todas elas de balde.

Read more

Cursos gratuítos de imaxe, son e informática en Vigosónico no verán

vigosonicoO espazo Vigosónico da Concellería de Xuventude lanza de novo os seus cursos gratuítos de imaxe, son e informática. Neste caso trátase de seis cursos que se celebrarán en dúas quendas, a primeira delas no mes de xuño e a segunda en xullo.

Read more

Novos cursos en outubro e novembro en Vigosónico

Vigosónico, espazo dependente da Casa da Xuventude especialmente adicado á música, publicou un novo listado de cursos e obradoiros gratuitos relacionados coa música e audiovisuais que se celebrarán entre outubro e novembro. Son os seguintes:

  • Adobe Photoshop
  • Iniciación Musical
  • Informática para traballar
  • Adobe Premiere
  • Iniciación á Fotografía dixital
  • Obradoiro de son en directo

Read more

Nuevos cursos en Vigosónico

Tal e como vos comentábamos na entrada que lle adicamos á anterior edición destes cursos, Vigosónico é un espazo dependente da Casa da Xuventude especialmente adicado á música que cada poucos meses organiza cursos e obradoiros gratuitos relacionados coa música e audiovisuais. Pois ben, desde o venres 25 está aberto o prazo de inscrición nos novos cursos de Vigosónico que terán lugar entre os meses de xuño e xullo. Son os seguintes:

  • Iniciación a Adobe Photoshop
  • Gravación e edición de vídeo
  • Fotografía dixital
  • Obradoiros de fotografía
  • Obradoiro de son en directo

Para consultar o programa completo de cada un dos cursos e as datas nas que teñen lugar, premede na imaxe superior e verédela en grande. As inscricións fanse a través da propia web de Vigosónico, cubrindo este formulario de preinscrición. Olliño, que as prazas sóense esgotar moi pronto, así que se estades interesados, apuntádevos canto antes.

Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:

  • En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
  • En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8


Ver mapa más grande

Final do concurso «Novos valores Cidade de Vigo» en Vigosónico

Esta semana chega a Vigosónico a final do concurso de novos valores musicais «Cidade de Vigo», dirixido a novos grupos e solistas da cidade con independencia dos seus estilos (rock, metal, punk, ska, rap…).

Dende o xoves ata o sábado actuarán cada día tres grupos e/ou solistas, cunha duración de 30 minutos cada un deles. A entrada é de balde. Aquí tedes o programa por días:

Xoves 10 de maio Venres 11 de maio Sábado 12 de maio
19:00- Martín Fernandez
19:30- Blue Jeans
20:00- Os Narvais
19:00- Liska
19:30- Yemet
20:00- Atlantic Valley
19:00- Los Kualkiera
19:30- Jako CDC
20:00- Os Residuos Atractivas

O xurado escollido polo Colectivo Malaherba e a Concellería de Xuventude elixirá un gañador de cada final, que se coñecerá xusto despois de rematar os concertos, en cada unha das 3 finais. Ademais, o público asistente poderá votar ao seu favorito dese día (cada asistente un voto). Os grupos e/ou solistas gañadores de cada final, máis o elixido polo público, tocarán no escenario «Concellería de Xuventude» no día MalaherbaRock (7 de xullo), dentro da 6ª edición do festival «Sons da Lameira» (que terá lugar os próximos 6 e 7 de xullo no Torreiro de Matamá).

Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:

  • En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
  • En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8


Ver mapa más grande

Cursos sobre musica e audiovisuais en Vigosónico

Logo VigosónicoPara quen aínda non o coñeza, Vigosónico é un espazo dependente da Casa da Xuventude especialmente adicado á música (conta con locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos, etc.). Cada 3 ou 4 meses organiza cursos e obradoiros gratuitos relacionados coa música e audiovisuais e estes días deu a coñecer o listado dos que organiza esta primavera. Son os seguintes:

  • Perfeccionamento Photoshop
  • Perfeccionamento Premiere
  • Fotografía dixital
  • Obradoiro de baixo
  • Obradoiro de son en directo

Neste enlace podedes consultar o programa didáctico de cada un dos cursos e as datas nas que teñen lugar. Para apuntarvos, tedes que cubrir o formulario de preinscrición na propia web de Vigosónico. A data límite é o 15 de abril, aínda que xa vos advertimos que as prazas sóense esgotar moi pronto, así que se estades interesados, apuntádevos xa. Ademáis, no caso dos cursos de perfeccionamento (Photoshop e Premiere) terán preferencia os que realizaran con anterioridade o curso de iniciación en Vigosónico.

Aparte destes cursos, Vigosónico tamén organiza próximamente outros dous obradoiros:

Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:

  • En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
  • En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8


Ver mapa más grande

Programación de actividades Verán Xove 2016 do Concello de Vigo

Como ven sendo habitual nestas datas, o Concello de Vigo presenta o programa Verán Xove 2016, co obxectivo de ofertar un tempo de lecer educativo para nenos e xóvenes. Trátase dunha programación moi extensa que inclúe principalmente campamentos urbanos, actividades en espazos de tempo libre e rapaces e actividades xuvenís en varios puntos da cidade. Os únicos requerimentos é estar empadroado/a en Vigo, ter a idade requerida para cada actividade.

Read more

Programación da Concellería de Xuventude para o 2016

Neste artículo recopilaremos todas as actividades, obradoiros e cursiños de formación organizados polos espazos dependentes da Concellería de Xuventude (actualmente Punto XoveCasa da Xuventude e Vigosónico) durante o presente ano a medida que estas se vaian facendo públicas. Todas estas actividades teñen en común que son gratuitas (normalmente baixo inscrición previa) e diríxense a mozos/as de entre 13 e 35 anos empadroados en Vigo.

Read more