Dende o pasado 20 de setembro está aberto o prazo para apuntarse ao obradoiro gratuíto dirixido a mulleres «RETRAT-ARTE», organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo na Casa das Mulleres (Romil, 20) a partir deste mércores día 2 de outubro.
O obxectivo deste obradoiro, que será impartido pola licenciada en Belas Artes María Soliño González, é buscar a través do debuxo someter a xuízo a nosa valoración persoal e que as participantes compararen co que poden observar as/os demáis delas mesmas, ademáis de empregar a caricatura para aprender a rirse dunha mesma. Para participar non é necesario dispoñer de coñecementos artísticos previos.
O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración. Terá lugar todos os mércores dende o 2 de outubro ata o 18 de decembro, en horario de 18:00 a 21:00. Ao remate do obradoiro, farase entrega dun diploma acreditativo de asistencia.
Máis información e inscricións:
- Inscrición presencial na Concellería de Igualdade (1ª planta do Concello) de 09:00 a 13:30, ou chamando ao teléfono 986.810.284, en horario de 08:00 a 14:00
- Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres (Romil, 20).
- www.igualdadevigo.org
- Aquí podedes consultar o programa completo de actividades da Concellería de Igualdade ata fin de ano
Deja una respuesta