Programa de actividades da Concellería de Igualdade ata decembro de 2013
Este luns coñecíamos as actividades que se desenvolverán no Centro de Documentación e Recursos Feministas e na Casa das Mulleres ao longo deste último cuatrimestre do ano 2013. Presentacións de libros, obradoiros, faladoiros, exposicións ou cursos varios son algunhas das actividades que acollerán estes dous espazos pertencentes á Concellería de Igualde. O seu obxectivo é crear e manter espazos estables de participación para as mulleres de Vigo, promover a existencia dun tempo e un espazo propio para as mulleres, fomentar o asociacionismo feminino, así como formar, sensibilizar e concienciar á ciudadanía en materia de xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Casa das Mulleres (Rúa Romil, 20) |
|
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “MEMORIA DAS EMIGRADAS. APUNTAMENTOS PARA UN FILME”, que recolle testemuños dos que agroman as personaxes da ficción do filme A cicatriz Blanca. Presentación e coloquio a cargo de Margarita Ledo , guionista e directora do filme.
|
AULA ABERTA DE INFORMÁTICA, posta en marcha no 2012 e ampliada agora a 3 tardes á semana. Con un apoio directo a aquelas mulleres que queiran achegarse ao mundo das novas tecnoloxías.
|
OBRADOIRO “RETRAT-ARTE”, impartido por María Soliño González, Licenciada BelasArtes. Obxectivo: a través do debuxo someter a xuízo a nova valoración persoal e a compararemos co que poden observar as e os demais de nos. Utilizar a caricatura para aprender a “rirnos” de nós mesmas, sen complexos. Non é necesario dispoñer de coñecementos artísticos previos.
|
OBRADOIRO “COMUNICACIÓN EN CLAVE DE XÉNERO. ESTRATEXIAS PARA A UTILIZACIÓN DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA”, impartido pola xornalista Ana Belén Puñal. Obxectivo: detectar e desvelar o sexismo implícito na linguaxe así como facilitar estratexias para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita.
|
OBRADOIRO “TEATRO LIDO “, impartido pola actriz Uxía Blanco. Obxectivo: a través da lectura de textos teatrais coñeceremos e valoraremos a nosa propia valía, favorecendo as interrelacións en grupo e vencendo o medo a falar en público…
|
CLUBE DA RISA, coa finalidade de promover a saúde física, mental, emocional e social a través da risa, o club fomenta o desenvolvemento de fortalezas humanas como a risa, a creatividade, o optimismo, a empatía, facendo especial fincapé en sentimentos positivos como o autoaprecio, a cooperación e a alegría de vivir.
|
OBRADOIRO “XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE”, impartido pola psicóloga Rosa Faraldo. Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.
|
SALA DE EXPOSICIÓNS
“8 DE MARZO” Compilación de cartaces presentados ao concurso “8 de marzo” Ata o 29 de setembro “UN ANO ENTRE SOMBRAS E LUCES” de Kuki Pitart. Do 27 de setembro ao 11 de outubro Exposición colectiva de pintura do Colectivo Xuntanza. Do 14 ao 31 de outubro “A CIENCIA TEN NOME DE MULLER”, elaborada polo IES Porta da Auga de Ribadeo, e do 18 ao 29, terá lugar a ” MOSTRA DE TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO VIGUÉS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, ambas exposicións organizadas pola Concellería de Igualdade. Pinturas de Isabel Mato Landeira do 2 ao 26 de decembro Pinturas de Beatriz González Santos do 17 ao 31 de decembro |
CLUBE DE EMPREGO. Obxectivos: Crear un espazo destinado a mellorar a empregabilidade das mulleres e apoiar e titorizar ás mulleres dun xeito activo e participativo na procura de emprego.
|
|
Centro de documentación e recursos feministas |
|
PRESENTACIÓNS DE LIBROS
“Historias de Crazy Bar y otros relatos de lo imposible”, das autoras lola robles e concepción regueiro. Xoves 17 de outubro ás 19.00, do libro “Quiero mi vida” da autora Carmen Novo Colldefors. o xoves 7 de novembro ás 19.00 presentación do libro “Carne de Leviatán” da autora Chus Pato. o mércores 4 de decembro ás 19.00 presentación do libro |
VIDEOFORUM, organizado en colaboración coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo. Todas as proxección son ás 18.00
|
CAFÉS LITERARIOS DO CLUB DE LECTURA. Realízanse un mércores ao mes ás 18.00, neste período están previstos 3: o 25 de setembro, o 30 de outubro e o 27 de novembro. É necesario estar inscrito previamente no Clube de Lectura. | FALADOIROS DE LIBROS, neste cuatrimestre haberá dous:
|
CICLO DE CHARLAS “NOVAS CREADORAS, NOVOS VALORES”
Mesa redonda sobre música moderada por Uxía Senlle o mércores 16 de outubro ás 19.00 Mesa redonda sobre cine moderada por Anna Amorós o 6 de novembro ás 19.00 Mesa redonda sobre arte moderada por Mar Caldas o 20 de novembro ás 19.00 |
CICLOS DE CHARLAS, “HISTORIAS VIVIDAS… E CONTADAS POLAS SÚAS PROTAGONISTAS” Todas en martes e ás 19.00
|
As persoas interesadas nos obradoiros da Casa das Mulleres poderán inscribirse a partir deste venres 20 de setembro ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, no 1º andar do Concello de Vigo. Está aberta de luns a venres de 8.00 a 15.00 ou a través do teléfono 986 810 284. As actividades que non necesitan inscrición son de entrada libre ata completar aforamento.
Máis información en igualdadevigo.org
- Programa completo
- A Casa das Mulleres está aberta de luns a venres de 17.0 a 21.30
- Centro de Documentación e Recursos Feministas está aberto luns e venres de 11.00 a 13.00 e martes, mércores e xoves de 16.30 a 20.30
Fonte: xornal.vigo.org