Obradoiro gratuito de improvisación teatral en galego en Vigo en abril e maio

O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Por iso a Concellería de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, no que o obxectivo é tomar consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá a un espazo ficcional.

Este obradoiro gratuito diríxese a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas. Terá un total de 21 horas lectivas presenciais os días 12, 19, 26 de abril e 3, 10, 24, 26 de maio en horario de 17:00 a 20:00 no Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2).

Haberá dúas charlas explicativas previas ao obradoiro nas que se achegarán os contidos e as dinámicas de traballo aos potenciais participantes do obradoiro. As charlas terán lugar o martes 23 de febreiro de 18:30 a 20:30 na Casa da Xuventude (López Mora, 31) e o mércores 3 de marzo de 18:30 a 20:30 na Oficina Municipal de Distrito do Casco Vello (Oliva, 12). En ambos casos non se precisa apuntarse previamente para a asistir ás charlas.

Aquí vos deixamos o que se tratará nas charlas explicativas previas:

1. Introdución ao obradoiro

  • Ligazóns entre a vida cotiá e o teatro
  • O teatro como recurso expresivo no entorno social
  • Nacemento do teatro e das fábulas como ferramenta de aprendizaxe e achegamento ao sobrenatural
  • O teatro na historia, dende o teatro ritual, traxedias gregas, teatro isabelino, corrais de comedia, Commedia dell’Arte, teatro relixioso, e a súa repercusión social
  • Explicación dos contidos do obradoiro

2. Xogos de dinámica grupal cos asistentes á charla

  • Xogos de presentación
  • Xogos de acción-reacción
  • Xogos de equilibrio espacial
  • Amebas

3. Pequenas impros sinxelas de carácter cómico nas que poidan participar varios dos asistentes

Máis información:

FOTO:Alan Cleaver

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*