Cursos y talleres xuventude vigo

Publicado el 16 de septiembre de 2015 | por María Cousido

0

Programación da Concellería de Xuventude ata a fin de 2015

Neste artículo recopilaremos todas as actividades, obradoiros e cursiños de formación organizados polos espazos dependentes da Concellería de Xuventude (actualmente Punto XoveCasa da Xuventude e Vigosónico) durante os últimos meses de 2015 a medida que estas se vaian facendo públicas. Todas estas actividades teñen en común que son gratuitas (normalmente baixo inscrición previa) e diríxense a mozos/as de entre 13 e 35 anos empadroados en Vigo.

Casa da Xuventude e Punto Xove

Programación Xuvenil set-dec 15 reverso

Preme sobre a imaxe para aumentala

Como inscribirse e máis información

A inscrición nas actividades de formación e obradoiros de información xuvenil realízase cubrindo este formulario de preinscrición, puidendo solicitar praza nun curso e indicar no apartado de Observacións se estás interesado noutros. Rematado o prazo de inscricións comunicarase por medio do correo electrónico a concesión de prazas. No caso dos obradoiros creativos (que nesta ocasión faranse no Punto Xove, en vez de na Casa da Xuventude) tedes que contactar directamente con eles para solicitar praza.

  • Punto Xove: Rúa López de Neira 27 (ao lado da Rúa Príncipe), teléfono 986 223 004
  • Casa da Xuventude: Rúa López Mora 31, teléfono 986 294 806, mail xuventude@vigo.org

Vigosónico

Cursos de Formación Musicalformacion musical vigosonico

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración cuadrimestral (de novembro a febreiro). As quendas son de 60 minutos e estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles. O alumnado segundo o calendario de asistencia terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o cuadrimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

Estes son os horarios dos cursos:

  • Iniciación á bateria: martes a partires das 19:30. Terás que levar o teu propio xogo de baquetas
  • Iniciación á guitarra: mércores a partires das 19:00. Terás que levar a túa propia guitarra, clásica ou eléctrica.
  • Iniciación á técnica vogal: xoves a partires das 19:00
  • Iniciación ao baixo eléctrico: venres a partires das 19:00. Terás que levar o teu propio baixo.

Actividades para novembro e decembro

vigosonico noviembre diciembre 1 vigosonico noviembre diciembre 2

* Para os cursos de informática (WordPress) precísase ter práctica no emprego de correo electrónico e de informática básica, no caso de non cumprir este requisito impedirá a realización do curso.

Como inscribirse e máis información

Podes preinscribirte nos cursos de formación musical a partires do 12 de outubro no seguinte formulario: Formulario preinscrición cursos formación musical Vigosónico. Para o resto de cursos e actividades que requiran inscripción previa, cubride este outro formulario. Podes solicitar a participación en ata 3 cursos, marcándoos por orde de preferencia.

Vigosónico atópase en Estrada do Portal, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valladares, ao lado do vial de baixada da Universidade de Vigo. Para achegarse a este espazo poden empregarse as liñas de Vitrasa U1, C7 e L8

¡Compártelo!

Tags: , , , , , , , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑