Vigo Low Cost ugacota

Publicado el 2 de febrero de 2015 | por María Cousido

0

Nova programación de cursos subvencionados de Ugacota

Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) ten unha programación de cursos subvencionados pola Xunta e mailo Fondo Social Europeo sobre diversas temáticas enlazadas co emprendemento, economía social  e cooperativismo. Trátase dun total de nove cursos que serán impartidos en modalidade teleformación entre os meses de febreiro e xullo. Diríxense principalmente a socios traballadores e persoas asalariadas de cooperativas, sociedades laborais e outras empresas e entidades de economía social na nosa Comunidade, aínda que tamén poden acceder a eles desempregados ata un límite do 40% das prazas totais do Plan.

O Plan componse dos seguintes cursos:

  • Introdución á Lei Orgánica de Protección de Datos
  • Aprender a emprender. Formación para o emprendemento eooperativo
  • Creación de textos e presentación en Software Libre
  • Dirección e xestión de proxectos
  • Deseño e edición de imaxe e vídeo en Sofware Libre
  • Como elaborar un plan de empresa cooperativa
  • Cultura financiera e finanzas éticas para o emprendemento
  • Habilidades ofimáticas para follas de cálculo: Calc
  • Elaboración do regulamento de réxime interno

Neste seguinte enlace podedes consultar o temario completo de cada un dos cursos, así como as datas e horas totais. Para inscribirvos nalgún dos cursos só tedes que cubrir este formulario de inscripción o antes posible e agardar a que se poñan en contacto convosco para confirmar a praza. Podedes inscribirvos en máis dun curso, pero só é posible cursar un ao mesmo tempo.

IMPORTANTE: Se estades desempregados, recordade que debedes de solicitar os curso na vosa oficina de emprego de referencia.

Máis información: 
  • A sede de UGACOTA en Vigo está en r/Cronista Rodríguez Elías, 2
  • Teléfono: 986 13 65 92
  • Mail: nuria@ugacota.coop
  • Web
¡Compártelo!

Tags: , , , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑