Aire libre subete o castro veran 2014

Publicado el 1 de julio de 2014 | por María Cousido

0

Programación de Súbete ó Castro para o verán de 2014

O centro público de ocio xuvenil Súbete ó Castro xa ten programación para este verán, un conxunto de actividades dirixidas a mozos e mozas vigueses entre os 13 e os 35 anos:

Formación musical e de artes escénicas

  • Danza Zumba: todos os mércores de xullo de 18:30 a 19:30
  • Breakdance: todos os xoves de xullo de 18:30 a 19:30

Idiomas

  • Curso de inglés básico para a supervivencia: os martes de xullo de 18:30 a 19:30

Obradoiros artísticos e de creación propia (as inscricións ábrense 15 días antes)

  • Cómic: o luns 7 e mércores 9 de xullo de 16:30 a 18:30, inscrición xa aberta
  • Henna: o venres 18 de xullo de 18:00 a 19:30
  • Cociña creativa: o martes 5 de agosto de 17:00 a 19:00
  • Serigrafía textil: o venres 12 de setembro de 17:30 a 20:00

Deporte

  • Street Fitness (deporte ao aire libre): todos os venres de xullo e agosto. Dous horarios para elixir: de 20:00 a 21:00 e de 21:00 a 22:00 (¡bulide, que quedan poucas prazas!)
  • Xincana Misión Imposible: o mércores 30 de xullo de 17:00 a 18:30. A inscrición abrirase o 21 de xullo.

Actividades lúdicas

  • Castroconcertos: todos os venres e sábados, de 22:00 a 00:00
  • Xogo de rol en vivo: venres 22 de agosto, de 16:00 a 21:30
  • Kedada Otaku: venres 29 de agosto, de 16:30 a 21:30

Como inscribirse?

A inscrición está aberta para case todas as actividades e, nesta ocasión, tedes que apuntarvos de manera presencial (salvo no caso dos obradoiros artísticos, que abren inscripción 15 días antes da súa celebración e vos podedes inscribir por teléfono, enviando un mail ou mediante mensaxe privada no Facebook). Ollo, que aquelas persoas que teñan praza para algunha actividade e falten sen dar aviso non poderán participar en actividades durante 3 meses.

Ademáis, xa vos podedes preinscribir nos cursos de formación musical e artes escénicas (guitarra, batería, baixo, técnica vocal e improvisación teatral) que comezarán en outono, así como no Fanzinado e a Radio Web.

Súbete ó Castro está no Paseo dos Cedros do Monte do Castro, a carón da pista de bicis
¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑