Cultura no image

Publicado el 27 de marzo de 2012 | por María Cousido

0

Novo proxecto de Súbete ao castro: emisora de radio online

Logo de Súbete ó Castro***ACTUALIZACIÓN 04/09/2012***

Tralo parón estival Súbete ó Castro e a súa radio volven a estar operativos. Recentemente deron a coñecer no seu Facebook a web da Radio Súbete ó Castro -onde podedes escoitar todos os podcasts dos programas- e fan un novo chamamento a todos os interesados en participar na emisora.

***ARTÍCULO ORIXINAL***

Sempre quixeches ter o teu propio programa radiofónico? Consideras que falta algún contido ou temática concreta na radio convencional? Tes complexo de Luis del Olmo ou Carles Francino? Pois ben, parece que estás de sorte, pois o espazo xuvenil de actividades de lecer e tempo libre “Súbete ó Castro” vai montar unha emisora de radio web e a participación está aberta ao público en xeral.

Podes participar neste novo proxecto de distintas formas: deseñando contidos e levando o teu propio programa, actuando, facendo de locutor/a ou reporteiro/a, buscando ou elaborando contidos, grabando eventos de lecer xuvenil, participando en obradoiros prácticos e cursos formativos que se organizarán nun futuro, dando apoio ao técnico de son, etc. Vamos, o que se trata e de que cada de vós contribúa cunha peza a facer este puzzle.

Por iso, este venres día 30 ás 20:00h organizarase unha reunión informativa no cuartel xeral de Súbete ó Castro á que poden (e deben) acudir tódolos interesados. Nesta reunión darase toda a información relativa ao proxecto e as formas de participación no mesmo.

  • Ónde?: no Monte de O Castro, no Paseo dos Cedros, s/n (a carón da pista de bicis).
  • Cómo chego ata alí?: pois se estas tan lonxe que non podes ir a pé, sempre te quedará que vaia Vitrasa ao teu rescate (liñas CC, C3, C6, C7, 12A, 12B, L14, L21, L29, L25).
  • E se quero contactar previamente con esta xente, como fago?: pois pódelos chamar ao teléfono 986.485.541, ou ben mandarlles un mail a subeteocastro@vigo.org

E aquí non remata a cousa, xa que unha emisora de radio tamén precisa de ter unha imaxe… corporativa. Polo tanto, tamén aceptan propostas para o logo da emisora. O prazo de entrega de ditas propostas remata este xoves (29 de marzo), así que se vos interesa, xa estades poñendo a traballar as neuronas e mailo lápis, rato ou tableta.

¡Compártelo!

Tags: ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑