Aire libre Andaina-3

Publicado el 13 de mayo de 2014 | por María Cousido

0

1ª Andaina polos Montes de Vigo o domingo 18 de maio

O Concello de Vigo, dentro do programa “Camiño a Camiño 2014” e “Montes de Vigo” (propietario forestal veciñal mancomunado)  e en colaboración con Eroski, El Corte Inglés e a Mancomunidade de Montes de Vigo organiza para este domingo a 1ª Andaina polos Montes de Vigo. Trátase dunha actividade participativa e non competitiva, na que se convida a toda a cidadanía a disfrutar dos nosos montes, podendo escoller entre tres roteiros diferentes segundo distancia e dificultade:

  • Andaina longa (36,9 km): PF Saiáns – PF Vixiador. Dificultade alta
  • Andaina media (26 km): PF Monte dos Pozos – PF Vixiador. Dificultade media-alta
  • Andaina curta (16,4 km): PF Beade – PF Vixiador. Dificultade media-baixa

A andaina toma como referencia a Senda Panorámica de Vigo (GR-53) e diversos percorridos realizados os domingos en “Camiño a Camiño”, se ben nesta ocasión o percorrido realízase integramente polo termo municipal e logra pasar por once das 13 comunidades de montes existentes (San Xurxo de Saiáns, San Miguel de Oia, Coruxo, San Andrés de Comesaña, Matamá, Valladares, Zamáns, Beade, Bembrive, Cabral e Candeán).

AndainaMontesVigo2014-percorrido

Moito ollo, que a inscrición estará aberta ata mañá mercores 14 de maio. O procedemento é como segue:
  • Preinscrición: chamando ao 010 (para móbiles: 986810260)
  • Inscrición definitiva na Casa da Xuventude (r/López Mora, 31, de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00), onde se cubrirá a ficha de inscrición, se aboarán os 2€ de autobús (1€ para menores de 12 anos) e se recibirá a tarxeta de participante co número correspondente, que servirá para recoller o kit de participante con material de avituallamento e promocional cortesía de Eroski o día da actividade e acceder ao autobús e un ticket para recoller na sección de deportes de El Corte Inglés a camiseta conmemorativa do evento (entre os días 12 e 16 de maio)

O punto de encontro para partir o domingo será na Praza do Rei ás 08:00, 10:30 ou 13:30, segundo o roteiro que escollérades. Dende alí iredes nun Vitrasa ata o punto onde parte o voso roteiro e ao término dos tres, ás 20:00 no Vixiador, volveredes de novo en Vitrasa ata a Praza do Rei.

Máis información:
¡Compártelo!

Tags: ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑