Aire libre camiño a camiño vigo 2014

Publicado el 6 de marzo de 2014 | por Fer Martínez

2

Actividades medioambientais do Concello de Vigo de marzo a xuño de 2014

Onte que foi o primeiro día de sol do ano e presentouse a sétima edición do Camiño a Camiño, o programa de actividades mediomabientais que organiza o Concello de Vigo. Vaia casualidade, sen dúbida xa hai ganas de desfrutar dos espazos naturais de Vigo e bisbarra. Este programa busca repetir o éxito en edicións pasadas, Camiño a Camiño, volve o 16 de marzo mantendo como obxectivos a sensibilización medioambiental e o fomento de hábitos saudables entre a cidadanía.

O programa Camiño a Camiño retoma as andainas por Vigo, bisbarra e o resto Galicia, as actividades de voluntariado ambiental, as hortas-escola e as actividades formativas. Como novidade nesta edición incluirá actividades divulgativas coa celebración de conferencias no Auditorio do Concello. A continuación podedes ver un listado con todas as actividades.

Camiño a Camiño marzo-xuño de 2014

PERCORRIDOS MEDIOAMBIENTAIS

  • Humidais de Vigo (16 de marzo) (+ info)
  • Dos montes de Comesaña ao monte dos Pozos (23 de marzo)
  • Cova do Folón (Freixo-Vigo) (27 de abril)
  • Sendeiro Azul: Lagares – Mareal de Alcabre (1 de xuño) A pé ou en kaiak

Saída ás 9.30 dende a Praza do Rei, convocatoria ás 9.00 e retorno estimado ás 14.00 (15.00 para a Cova do Folón) no mesmo punto. Ata 300 prazas disponibles. Actividade gratuíta con transporte por conta dos participantes, autobús de balde para Cova do Folón e Sendeiro Azul.

  • Ruta da Auga I: Encoro de Eiras – Pazos de Borbén (30 de marzo)
  • Ruta da Auga II: Pazos de Borbén – Os Valos (6 de abril)
  • Ruta da Auga III: Os Valos – Vigo (13 de abril)

Saída ás 9.30 dende a Praza do Rei, convocatoria ás 9.00 e retorno estimado ás 14.00 no mesmo punto. Ata 300 prazas disponibles. Prezo de 3€ e desprazamento en autobús incluido.

  • Fervenza do río Toxa (4 de maio)
  • Illas Cíes – Vigo (11 de maio)

Saída ás 9.30 e ás 10.00 dende a Praza do Rei e a Estación Marítima respectivamente, convocatoria media hora antes e retorno estimado ás 19.00 e 20.00 no punto de saída. 300 e 400 prazas disponibles. Prezo de 7€ con desprazamento en autobús incluido.

  • Ruta nocturna: Monte Galiñeiro (sábado 14 de xuño)

Saída ás 21.00 dende a Praza do Rei, convocatoria ás 20.30 e retorno estimado ás 01.00 no mesmo punto. Grupo de ata 300 persoas, con desprazamento: autobús urbano e gratuíto.

  • Ancares na primavera do 31 de maio ao 1 de xuño e do 7 ao 8 xuño

Saída o sábado ás 8.15 dende a Praza do Rei,  convocatoria ás 8.00 e retorno estimado o domingo ás 20.00. Grupo de ata 70 persoas maiores de idade. Desprazamento, estadía e manutención (agás xantar do sábado) a cargo dos participantes. Achega de 65€. Inscrición na semana previa á actividade.

DIVULGACIÓN

Conferencias no Auditorio do Concello
  • 26 de marzo: Cicloxénese explosiva ou temporais de toda a vida (Carlos F. Balseiro)
  • 10 de abril: Conformación das Illas Cíes
  • 14 de maio: O Ceo visto dende Vigo (Ana Ulla, astrofísica)

De 19.30 a 21.00 no Auditorio do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n) Entrada libre ata cubrir aforamento.

FORMACIÓN

  • Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental: os sábados 22 de marzo, 12 de abril, 10 de maio de 7 de xuño (preciso para realización de labores de voluntariado nas Illas Cies, no río Lagares e demais actuacións)
  • Curso específico de voluntariado en Vigozoo: o sábado 29 de abril (para a realización de labouras de apoio no Vigozoo )

De 9.30 a 13.30 no Vigozoo, destinado a maiores de idade, 90 prazas, 40 prazas para voluntariado en VigoZoo

  • Curso básico de hortas urbanas: os sábados 15 e 22 de marzo, os xoves 27 de marzo e 3 abril (a realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola)

De 10.00 a 13.00 os sábados e de 16.30 a 20.00 os xoves no Vigozoo, Destinados a maiores de idade. 50 prazas e achega de 5€, a pagar no momento de entrada en Vigozoo.

 HORTAS URBANAS DE VIGO (+ info)

  • Horta-escola de Sardomela (a carón do Colexio Sello, Cabral) Martes de 10.00 a 13.00 e sábados de 16.00 a 19.00 (desde o 11 de marzo ata xuño)
  • Horta-escola de Fontáns (próxima a Ramón Nieto) Mércores de 16.00 a 19.00 e sábados de 10.00 a 13.00 (desde o 12 de marzo ata xuño)
  • Horta-escola de Pedro Alvarado (Teis) Xoves de 16.00 a 19.00 e sábados de 16.00 a 19.00 (Desde o 13 marzo ao xuño)
  • Horta-escola de Navia Martes de 16.00 a 19.00 e sábados de 10.00 a 13.00 (Do 11 de marzo ata xuño)
  • Horta-escola de Camelias Martes de 16.00 a 18.30 (do 13 de marzo ata xuño)
  • Hortas-escola en Casa da Xuventude e en Vigozoo. Horario asignado a cursos e actividades de voluntariado

Para participar nas hortas-escola hai que ter feito o Curso básico de hortas urbana e ter concedido praza previa solicitude. A participación nas hortas-escola é de balde.

VOLUNTARIADO CAMIÑO A CAMIÑO (+ info)

A participación nos programas de educación medioambiental complétanse coa posibilidade que teñen todos os veciños e veciñas de Vigo de colaborar nas políticas medioambientais desenvoltas dende o Concello de Vigo. Este programa iniciado na primavera de 2012 está atendendo nestes momentos diversos frentes coma a conservación do río Lagares, A Bouza e os Areais ou das Illas Cíes. Para poder participar no Voluntariado de Camiño a Camiño é preciso realizar o Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.

INSCRICIÓNS (+ info)

Actividades destinadas a persoas empadroadas en Vigo no caso de residir en Vigo e non estar empadroado incluirase na lista de agarda, confirmándose a praza no caso de vacantes ao final do proceso de inscrición. Inscrición no Teléfono de Atención Cidada 010 na semana da actividades (agás visita aos Ancares). Os menores de 12 anos pagarán un 50% da achega.

Máis información

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



2 respuestas a Actividades medioambientais do Concello de Vigo de marzo a xuño de 2014

  1. Beatriz dice:

    Buenos dias,
    me gustaria saber que es lo que tengo que hacer para inscribirme en los recorridos que me interesan. Y ya puesto, me gustaria saber que es lo que tengo que llevar

    Un saludo

    • Fer Martínez dice:

      Hola Beatriz, como explicamos en el artículo la inscripción se realiza a través de Teléfono de Atención Cidada 010 a partir del lunes de la semana de cada actividad (excepto visita a los Ancares, dos semanas antes).

      Un saludo y gracias por visitarnos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑