Actividades na Casa da Xuventude e Punto Xove durante xaneiro e febreiro

puntoxove casaxuventudeSe onte vos falabamos da nova tempada de cursos en Súbete ó Castro, hoxe tócalle ó turno á Casa da Xuventude e ao Punto Xove, espazos tamén dependentes da Concellería de Xuventude. Esta semana tamén fixeron pública a súa programación, neste caso para os dous primeiros meses do ano. Vexamos que cursiños e obradoiros nos teñen preparados esta vez:

Cursos de formación (en Punto Xove e Casa da Xuventude):
  • Fotografía dixital I e II
  • Informática para traballar I e II
  • Iniciación á informática
  • Iniciación á mecanografía
  • Técnicas de estudo
  • Con qué cursos podo actualizarme?
  • Oportunidades de traballo e prácticas no estranxeiro
  • Como presentarse a traballar?
  • Iniciación ás hortas ecolóxicas

Como veredes, auméntase o número de cursos respecto á anterior edición e tamén as quendas, que podedes consultar xunto cos espazos onde se celebrará cada un premendo na imaxe de abaixo para ampliala.

2014enerosixvigo

Para inscribirvos, tedes que acceder a este formulario, cubrilo e envialo. Neste caso só permiten apuntarse a un único curso por persoa, aínda que podes indicar no espazo de «Observacións» se estás interesado nalgún curso máis por se acaso non te collen para a túa primeira opción. As prazas adxudicaranse por orde de chegada dos formularios e coñecerás se estas aceptado no curso se recibes posteriormente un mail de confirmación.

Obradoiros creativos (na Casa da Xuventude):
  • Fundas para tablet ou móbil: sábado 25 de xaneiro, de 10:30 a 13:30
  • Tunea a túa camiseta: sábados 1 e 8 de febreiro, de 10:30 a 13:30
  • Lámpadas de fío: sábados 15 e 22 de febreiro, de 10:30 a 13:30
  • Maquillaxe e máscaras para Entroido: venres 28 de febreiro de 18:00 a 22:00 e sábado 1 de marzo de 11:00 a 13:30

Para apuntarse os obradoiros tedes que contactar coa Casa da Xuventude (ver datos de contacto máis abaixo).

En todos os casos -cursos e obradoiros-, recordade que os requisitos imprescindibles son estar empadroado en Vigo e ter entre 13 e 35 anos.

Máis información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*