Actividades da Concellería de Xuventude durante novembro e decembro

casa da xuventudeXa está aberto o prazo para apuntarse aos cursiños e actividades que organiza a Concellería de Xuventude durante novembro e decembro. Estas actividades están relacionadas coa formación e procura de emprego e desenvolveranse na Casa da Xuventude e no Punto Xove:

  • Informática para traballar
  • Iniciación á informática
  • Quedaches descolgado? Non perdas o curso
  • Técnicas de estudo: algúns trucos
  • Torre de babel: coñece xóvenes de todo o mundo
  • Oportunidades de traballo e prácticas no estranxeiro
  • Presentarse a traballar nunha pequena empresa

Preme nos enlaces para ver en qué datas e espazo(s) se celebrará a actividade que te interese:

Todas estas actividades están destinadas a xóvenes de ata 35 anos empadroados en Vigo. Para efectuar a inscripción, só tedes que cubrir o seguinte formulario na web da Concellería e esperar a recibir un correo electrónico de confirmación (no caso de que as prazas estén esgotadas ou non cumprades os requisitos mínimos non o recibiredes). Só se concederá un curso por persoa, aínda que vos dan a opción de elixir ata cinco por orde de preferencia no formulario de preinscripción.

NOTA: A actividade «Torre de Babel» é de libre participación e non require de preinscripción algunha. Só tedes que cumprir os requisitos e pasarvos polo Punto Xove ou Casa da Xuventude no día e hora correspondente.

Más información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*