Xa está aberto o prazo para apuntarse aos cursiños e actividades que organiza a Concellería de Xuventude durante novembro e decembro. Estas actividades están relacionadas coa formación e procura de emprego e desenvolveranse na Casa da Xuventude e no Punto Xove:
- Informática para traballar
- Iniciación á informática
- Quedaches descolgado? Non perdas o curso
- Técnicas de estudo: algúns trucos
- Torre de babel: coñece xóvenes de todo o mundo
- Oportunidades de traballo e prácticas no estranxeiro
- Presentarse a traballar nunha pequena empresa
Preme nos enlaces para ver en qué datas e espazo(s) se celebrará a actividade que te interese:
Todas estas actividades están destinadas a xóvenes de ata 35 anos empadroados en Vigo. Para efectuar a inscripción, só tedes que cubrir o seguinte formulario na web da Concellería e esperar a recibir un correo electrónico de confirmación (no caso de que as prazas estén esgotadas ou non cumprades os requisitos mínimos non o recibiredes). Só se concederá un curso por persoa, aínda que vos dan a opción de elixir ata cinco por orde de preferencia no formulario de preinscripción.
NOTA: A actividade «Torre de Babel» é de libre participación e non require de preinscripción algunha. Só tedes que cumprir os requisitos e pasarvos polo Punto Xove ou Casa da Xuventude no día e hora correspondente.
Más información:
- Punto Xove: r/López de Neira, 27 (ao lado da r/Príncipe), teléfono 986.223.004, Perfil en FB, Perfil en Twitter
- Casa da Xuventude: r/López Mora, 31, teléfono 986.294.806
- www.xuventudevigo.org
Deja una respuesta