Hai unha semana que vos falabamos da Feira PonteEmprego, que terá lugar en Pontevedra o 21 e 22 de novembro, e hoxe vos falamos doutra feira moi similar: o II Foro de Emprego e Formación «Porremprego», que está organizado pola Concellería de Emprego do Concello de O Porriño. Ao celebrarse o 22 e 23 de novembro medio coincidirá en datas coa PonteEmprego, pero seguro que tedes un oco para achegarvos un rato a unha e outra. Está previsto que a primeira xornada se adique principalmente á formación e se dirixa especialmente aos estudantes, recén titulados e emprendedores, mentres que a do venres estará máis centrada no tema da procura de emprego.
O Foro Porremprego está dirixido ao mesmo público que a feira pontevedresa -desempregados, estudantes, emprendedores e empresas na procura de novos empregados- e celébrase este ano no Polideportivo Municipal porriñés (MAPA). Neste caso, a asistencia é tamén libre e gratuita, pero sen necesidade de inscrición algunha.
Que atoparemos no 2º Foro Porremprego?
- Unha feira de stands de institucións, centros de formación e empresas da comarca interesadas en reclutar persoal, que recollarán in situ o Curriculum Vitae de todos os interesados. A día de hoxe xa hai unha treintena de empresas inscritas para participar na feira -podedes consultar neste enlace o listado– aínda que o número pode aínda ser maior, pois o prazo de inscrición para empresas remata este venres.
- Charlas-coloquio e mesas redondas nas que intervirán representantes de empresas como Gadisa, Snop, Indra, Censa, Lonza, Inbobe, etc. Porase á disposición dos asistentes un formulario anónimo de cuestións dirixidas aos poñentes.
- Obradoiros de orientación laboral e posta en marcha dun proxecto empresarial.
- Un concurso de currículums no cal os participantes terán que lograr a forma máis orixinal e á vez efectiva para presentarse ante unha posible oferta de emprego.
Actividades programadas (descargar en pdf)
Máis información:
- porremprego.org
- 986 338 217 (horario de atención al público de 8:00 a 15:00)
Deja una respuesta