Charlas y conferencias no image

Publicado el 29 de octubre de 2012 | por María Cousido

1

I Feira de emprego PonteEmprego 21 e 22 de novembro

Os días 7 e 8 de novembro -mércores e xoves da semana que vén- 21 e 22 de novembro celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra (MAPA) a I Feira de Emprego “PonteEmprego”, co principal obxectivo de lograr a colocación laboral dos desempregados participantes. Este evento organízao Proxecto Iles, que é unha Iniciativa Local de Emprego Social do Concello de Pontevedra, do cal ós desempregados seguro que vos soan os seus boletíns con ofertas de emprego.

A feira PonteEmprego está principalmente orientada aos seguintes grupos:

  • Demandantes de emprego
  • Estudantes de último ano
  • Emprendedores e empresas que precisen traballadores
Que atoparemos en PonteEmprego?
  • Unha bolsa de emprego con 125 ofertas para a campaña de Nadal, proporcionadas polas empresas asistentes á feira e ás que os participantes poderán entregar o seu currículum. A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra colaborará na xestión dos currículum axeitados para cada posto co fin de poder realizar entrevistas durante a celebración da feira.
  • Un programa de conferencias e obradoiros sobre temas como o autoemprego, os perfís máis demandados polas empresas, como afrontar unha entrevista de traballo ou como buscar emprego no estranxeiro.
  • Un espazo para que os participantes aprendan a xestionar o seu currículum ou aprender a emprender.

Programa de actividades

Mércores 21 de novembro

Salón de actos

Auditorio Workshops
10.00Apertura

10.30 Certificado de profesionalidade: acreditación de competencias

12.30 Mesa redonda: na procura de traballo no estranxeiro

17.00 Evolución do emprego, perspectiva de futuro

17.30 Qué buscan as empresas? Perfís máis demandados

19.30 Como venderte: a importancia da imaxe

10.30 Competencias profesionais: o seu papel na selección

12.00 Emprego 2.0

17.30 A procura de emprego en época de crise

18.30 Casos de éxito: Platu e Fernández Valdés

19.30 Traballo en equipo e coaching

19.30 Orientación laboral: á procura de traballo

11.30 O test da idea e do emprendedor

17.00 Como afrontar unha entrevista de traballo

19.00 Nocións básicas de contratación laboral

Xoves 22 de novembro

Salón de actos Auditorio Workshops
10.30 Onde atopar cartos para a túa idea empresarial? Socios capitalistas ou financiamento

12.30 Recursos e apoios para a creación de empresas

17.30 Internet como ferramenta

10.00 Dificultades para ser emprendedor: erros e solucións

12.00 A comunicación nas entrevistas persoais

13.00 Casos de éxito: a motivación do grupo e Tekplus Ingeniería

17.30 Como ser feliz sen ser idiota

11.30 Produtos financeiros básicos para PEMES

17.00 Como vender unha idea

17.00 Réxime especial dos traballadores autónomos: preguntas e respostas

A asistencia a PonteEmprego é gratuita con inscripción previa. Para inscribirvos só tedes que descargar este formulario, cubrilo cos vosos datos e remitilo ao mail inscricions@feiraemprego.es ou emprego@proxectoiles.es.

Máis información:

¡Compártelo!

Tags: , , , , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Una respuesta a I Feira de emprego PonteEmprego 21 e 22 de novembro

  1. Javier Aradas Lestón dice:

    Busco trabajo, soy diplomado en Magisterio, espero una oportunidad.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑







  • Twitter