Formación no image

Publicado el 23 de octubre de 2012 | por María Cousido

0

Volve o Tandem Trabalingua para practicar linguas estranxeiras

A partir deste mes retómase o Tandem de linguas organizado pola asociación Trabalingua, do cal xa vos faláramos fai uns cantos meses. Por se non vos acordades, refréscovos a memoria: trátase dun intercambio lingüístico -no bo sentido da palabra, que vos vexo vir…- no cal ti lle axudas a aprender a falar galego a un extranxeiro a cambio de practicar con él a súa lingua. ¿Soa ben, verdade? E se ademáis vos digo que a participación é gratuita, ¡aínda soa mellor!

Búscanse dous perfís de participantes:

  • Nativos galegos ou estudantes de galego que queiran practicar unha lingua estranxeira da que xa teñan algún coñecemento (inglés, alemán, francés, etc.)
  • Estranxeiros interesados en aprender, practicar ou perfeccionar o seu galego
¿Cómo participar?

Tes que mandarlles aos de Trabalingua un mail a tandemtrabalingua@gmail.com cós teus datos e a lingua que queres practicar, así como a modalidade -tándem ou conversa múltiple-. Trabalingua buscará a alguén que se axuste as túas necesidades e porache en contacto con él. Tamén te facilitarán unha listaxe con posibles temas de conversa para romper o xeo co teu tándem ou no teu grupo de conversa. Como podedes ver, non son exactamente unha alternativa ás clases particulares, aínda que sí unha boa axuda para practicar eso que tanto nos custa á hora de aprender unha lingua extranxeira: falar.

Máis información:

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑