A partir deste mes retómase o Tandem de linguas organizado pola asociación Trabalingua, do cal xa vos faláramos fai uns cantos meses. Por se non vos acordades, refréscovos a memoria: trátase dun intercambio lingüístico -no bo sentido da palabra, que vos vexo vir…- no cal ti lle axudas a aprender a falar galego a un extranxeiro a cambio de practicar con él a súa lingua. ¿Soa ben, verdade? E se ademáis vos digo que a participación é gratuita, ¡aínda soa mellor!