Cursos de formación para desempleados impartidos pola CEP

Ao igual que FORGA, a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) tamén publicou recentemente os seus cursos AFD. Para a sede de Vigo son os seguintes:

  • Atención Especializada para Enfermos de Alzheimer
  • Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio
  • Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais
  • Vendedor Técnico
  • Técnico de Comercio Exterior
  • Técnico de Formación

Neste enlace podedes consultar as datas e horarios de cada un dos cursos, así como os programas formativos de cada un. Ao igual que cós cursos de FORGA, para inscribirvos tedes que ir pola vosa Oficina de Emprego.

Para máis información que precisedes, podedes contactar co Departamento de Formación da CEP:

  • Avda. García Barbón, 104, 1º (está ao lado do edificio Vista Alegre e das oficinas de La Voz de Galicia)
  • Teléfono: 986.446.300
  • Mail: formaciónfip@cep.es
  • O horario de atención ao público é de 09:00 a 14:00 e de 16:15 a 19:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*