Tag Archive for cursos bonificados en vigo

Novos cursos subvencionados en FORGA para traballadores e desempregados

FORGA -a sección formativa do sindicato CIG- ven de publicar o seu Plan Intersectorial 2014-15 con cursos subvencionados dirixidos prioritariamente a traballadores en activo de calquera sector, pero cun cupo de prazas reservadas para desempregados e traballadores das Administracións Públicas no caso de que non se cubriran todas as prazas.

Read more

Cursos subvencionados en FORGA para traballadores e desempregados

FORGA -a sección formativa do sindicato CIG- xa publicou os seus listados de cursos subvencionados, neste caso dirixidos preferentemente a traballadores en activo dos sectores da administración, sanidade e ensino, con prazas reservadas para desempregados. Este ano convócanse 8 cursos presenciais en Vigo e 8 en modalidade teleformación, con datas de comezo entre os meses de setembro e novembro.

Read more

Cursos subvencionados 2013-2014 en FORGA

forga verticalFORGA -a sección formativa do sindicato CIG- ven de publicar os listados de cursos subvencionados dirixidos preferentemente a traballadores en activo de calquera sector produtivo. Pero se estás en paro non te desanimes, pois entre o 15-10% do total de prazas de cada curso resérvanse para desempregados. Hai ata 22 cursos presenciais en Vigo e 16 de teleformación:

Read more

Cursos subvencionados 2012-2013 en FORGA

FORGA -a sección formativa do sindicato CIG- ven de publicar os listados de cursos subvencionados para traballadores en activo e funcionariado.

  • Para traballadores en activo: estes cursos están dirixidos preferentemente a traballadores/as en activo de calquera sector produtivo, aínda que existe un cupo de prazas que poden ser destinadas a traballadores/as en situación de desemprego (normalmente o 15-10% das prazas). Descárgate aquí os listados dos cursos presenciais en Vigo e os de teleformación.

Read more

Cursos de formación para desempleados impartidos pola CEP

Ao igual que FORGA, a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) tamén publicou recentemente os seus cursos AFD. Para a sede de Vigo son os seguintes:

  • Atención Especializada para Enfermos de Alzheimer
  • Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio
  • Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais
  • Vendedor Técnico
  • Técnico de Comercio Exterior
  • Técnico de Formación

Neste enlace podedes consultar as datas e horarios de cada un dos cursos, así como os programas formativos de cada un. Ao igual que cós cursos de FORGA, para inscribirvos tedes que ir pola vosa Oficina de Emprego.

Para máis información que precisedes, podedes contactar co Departamento de Formación da CEP:

  • Avda. García Barbón, 104, 1º (está ao lado do edificio Vista Alegre e das oficinas de La Voz de Galicia)
  • Teléfono: 986.446.300
  • Mail: formaciónfip@cep.es
  • O horario de atención ao público é de 09:00 a 14:00 e de 16:15 a 19:00

Cursos AFD impartidos pola CIG

A CIG (Confederación Intersindical Galega) xa publicou as datas de inicio dos seus cursos AFD. Para os que non o saibades, os cursos do plan AFD son cursos de formación ocupacional dirixidos expresamente a desempregados e están cofinanciados por algunha institución pública (como, por exemplo, a Xunta). Con eles podes aprender un oficio, especializarte dentro da túa profesión ou ampliar coñecementos.

A continuación tedes o listado de cursos AFD 2012 da CIG:

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio
  • Cociña
  • Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia e interactivos
  • Montador/a de estruturas metálicas
  • Montaxe e posprodución de audiovisuais

Cada un destes cursos conta con 15 prazas. A duración oscila entre as 478 e 868 horas lectivas e as datas de inicio e finalización é distinta dependendo de cada curso. Para ver estes datos, preme na imaxe de arriba e poderás ver o listado detallado en grande. Ollo, que hai un par de cursos que comezan en poucos días, así que se vos interesa, ¡bulide! Tedes que ir á vosa oficina do Servizo Público de Emprego e apuntarvos alí. Obviamente, tedes tamén que estar inscritos anteriormente como demandantes de emprego, senón, ¡non facemos nada!

Para máis información, aquí vos deixo os datos da delegación formativa da CIG (FORGA):

  • Avenida do Aeroporto, 92
  • 986.280.776
  • vigo@forga.org

Curso bonificado de Community Manager en Academia Disket

Acabamos de enterarnos de un curso bonificado para trabajadores que seguro que a muchos de vosotros os interesa. Se trata de un curso de Community Management de 50 horas organizado por la Academia Disket que tendrá lugar del 15 de mayo al 29 de junio. El horario del curso es los martes y jueves de 19:30 a 22:00 y los viernes de 20:00 a 22:00. Para inscribiros tenéis hasta este jueves día 10 a las 20:00, aunque ya os digo que quedan poquitas plazas libres.

He aquí los datos para poneros en contacto con Academia Disket:

  • C/ Escultor Gregorio Fernández, 14, bajo
  • Teléfono: 986.443.146
  • correo@academiadisket.com

¿Alguna pega? Pues sí, una: que sólo es 100% bonificado para trabajadores en activo, dados de alta en el Régimen General de la SS. Vamos, que si estas desempleado o eres autónomo, olvídate de hacer este curso gratis. En ese caso, te saldría por 175 lereles del ala (35€ en concepto de matrícula + 2 cuotas de 80€), que aunque sea relativamente «barato» para ser un curso de Community Manager, no andan los tiempos como para ciertos desembolsos, y menos si estás en el paro.