Cursos y talleres no image

Publicado el 28 de mayo de 2012 | por María Cousido

0

Nuevos cursos en Vigosónico

Tal e como vos comentábamos na entrada que lle adicamos á anterior edición destes cursos, Vigosónico é un espazo dependente da Casa da Xuventude especialmente adicado á música que cada poucos meses organiza cursos e obradoiros gratuitos relacionados coa música e audiovisuais. Pois ben, desde o venres 25 está aberto o prazo de inscrición nos novos cursos de Vigosónico que terán lugar entre os meses de xuño e xullo. Son os seguintes:

  • Iniciación a Adobe Photoshop
  • Gravación e edición de vídeo
  • Fotografía dixital
  • Obradoiros de fotografía
  • Obradoiro de son en directo

Para consultar o programa completo de cada un dos cursos e as datas nas que teñen lugar, premede na imaxe superior e verédela en grande. As inscricións fanse a través da propia web de Vigosónico, cubrindo este formulario de preinscrición. Olliño, que as prazas sóense esgotar moi pronto, así que se estades interesados, apuntádevos canto antes.

Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:

  • En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
  • En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8


Ver mapa más grande

¡Compártelo!

Tags: , , , , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑