Formación no image

Publicado el 27 de marzo de 2012 | por María Cousido

0

Cursos sobre musica e audiovisuais en Vigosónico

Logo VigosónicoPara quen aínda non o coñeza, Vigosónico é un espazo dependente da Casa da Xuventude especialmente adicado á música (conta con locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos, etc.). Cada 3 ou 4 meses organiza cursos e obradoiros gratuitos relacionados coa música e audiovisuais e estes días deu a coñecer o listado dos que organiza esta primavera. Son os seguintes:

  • Perfeccionamento Photoshop
  • Perfeccionamento Premiere
  • Fotografía dixital
  • Obradoiro de baixo
  • Obradoiro de son en directo

Neste enlace podedes consultar o programa didáctico de cada un dos cursos e as datas nas que teñen lugar. Para apuntarvos, tedes que cubrir o formulario de preinscrición na propia web de Vigosónico. A data límite é o 15 de abril, aínda que xa vos advertimos que as prazas sóense esgotar moi pronto, así que se estades interesados, apuntádevos xa. Ademáis, no caso dos cursos de perfeccionamento (Photoshop e Premiere) terán preferencia os que realizaran con anterioridade o curso de iniciación en Vigosónico.

Aparte destes cursos, Vigosónico tamén organiza próximamente outros dous obradoiros:

Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:

  • En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
  • En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8


Ver mapa más grande

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑