A Concellería de Emprego, Participacion Cidadá e Voluntariado programou unha serie de cursos gratuitos relacionados con Internet destinados ao público adulto que terán lugar no Centro Municipal de Emprego. Trátase de cursos introductorios, bástante básicos, polo que non se require ter coñecementos previos:
Tag Archive for seguridad en internet
Obradoiros de internet para adultos
Enterámonos vía Xornal Vigo dunha serie de tres obradoiros gratuitos relacionados con Internet e destinados ao público adulto que se celebrarán este verán. Son os seguintes:
No Centro Local de Emprego (sito en r/Oporto, 1)
- Trámites electrónicos coa administración: do 2 ao 4 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
- Uso seguro de Internet para pais e nais: do 9 ao 11 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
- Comunicación en tempo real. Messenger e Skype para pais e nais: do 16 ao 18 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
No Centro Cívico Municipal de Teis (sito en Camiño Maceiras, s/n)
- Trámites electrónicos coa administración: do 3 ao 5 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
- Uso seguro de Internet para pais e nais: do 10 ao 12 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
- Comunicación en tempo real. Messenger e Skype para pais e nais: do 17 ao 19 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
En principio, o único requisito para inscribirse é estar empadroado no Concello de Vigo. Para inscribirvos ou solicitar máis información, tedes que chamar ao número de información local 010.