Como ven sendo habitual nestas datas, o Concello de Vigo presenta o programa Verán Xove 2016, co obxectivo de ofertar un tempo de lecer educativo para nenos e xóvenes. Trátase dunha programación moi extensa que inclúe principalmente campamentos urbanos, actividades en espazos de tempo libre e rapaces e actividades xuvenís en varios puntos da cidade. Os únicos requerimentos é estar empadroado/a en Vigo, ter a idade requerida para cada actividade.
Coma en anos anteriores, as actividades do programa organízanse en tres grandes bloques:
1. Campamentos urbanos (dirixidos a público entre 4 e 17 anos)
Inclúen actividades relacionadas coa navegación, ciencia, natureza, artes, inglés, deporte e moitas máis en diferentes puntos de Vigo. A gran maioría deles duran unha semana e son de pago, aínda que o da Casa da Xuventude é gratuito e hai varios que na primeira quenda (a da última semana de xuño) saen por só 20€/semana.
Como novidade, este ano modificase o procedemento de adxudicación de prazas s para evitar problemas. Desta forma, haberá un prazo determinado para solicitar praza en cada un dos campamentos e, unha vez pechado, adxudicaranse por sorteo.
2. Espazos de Tempo Libre (dirixidos a público entre 4 e 12 anos)
A Concellería de Xuventude ofrece seis espazos onde empregar o tempo de lecer realizando obradoiros, xogando, creando e sobre todo, divertíndose. Estes espazos son Casa da Xuventude, Pavillón de Deportes de Coia, Ludotecas do Calvario, Coruxo e Lavadores e Vigozoo. A inscrición deberá efectuarse presencialmente en cada un dos espazos, e é de balde en todos os espazos agás na Ludoteca de Coruxo (5€/mes) e no Vigozoo (ata 20€/semana).
3. Actividades xuvenís (dirixidos a público entre 13 e 30 anos)
Vigosónico, Punto Xove, Casa da Xuventude terán as súas portas abertas para a mocidade durante o verán. Tamén haberá eventos puntuais como poden ser os Concertos Sónicos. Non se precisa inscrición e a asistencia segue a ser de balde.
Consulta nesta ligazón o programa completo de Verán Xove 2016, coas actividades detalladas e información útil sobre as inscricións.
Máis información:
- veran.xuventudevigo.org
- Xuventude Vigo en Facebook
- Teléfono de atención cidadá: 010
Deja una respuesta