A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) ten programados para o próximo mes de xullo dous obradoiros gratuitos sobre as temáticas do emprendemento, economía social e cooperativismo que serán impartidos na modalidade presencial no Centro da Rede Eusumo de Vigo (Cámara de Comercio de Vigo, c/República Arxentina, 18ª). Os dous cursos teñen una duración total de 20 horas cada un, repartidas en catro xornadas de 5 horas matinais e son os seguintes [ACTUALIZACIÓN 19/07/2014: Ugacota programou para agosto dous novos obradoiros]:
Formación cooperativa para persoas que queren emprender
- Datas: do 30 de xuño ao 3 de xullo ou do 8 ao 11 de xullo (a elixir)
- Ver programa completo: Formación cooperativa para emprender
Elabora o teu plan de empresa colaborativo
- Datas: do 15 ao 18 de xullo
- Ver programa completo: Elabora o teu plan de empresa cooperativo
Por que non traballamos en equipo?
- Datas: do 5 ao 8 de agosto
- Ver programa completo: Por que non traballamos en equipo?
Elabora o teu plan de empresa cooperativo (nova edición)
- Datas: do 19 ao 22 de agosto
- Ver programa completo: Elabora o teu plan de empresa cooperativo
Duración de cada obradoiro : 20 h.
Horario : 9.30 a 14.30 horas .
Para inscribirvos nos obradoiros só tedes que cubrir este formulario de inscripción o antes posible, pois teñen prazas limitadas (aínda que de cubrir todas as plazas crearían listas de agarda por se alguén se desapuntara).
Máis información:
- A sede de UGACOTA en Vigo está en r/Cronista Rodríguez Elías, 2
- Teléfono: 986 13 65 92
- Mail: nuria@ugacota.coop
- Web
Deja una respuesta