III Festival Primavera do Cine en Vigo do 4 ao 8 de xuño

[ENTRADA ACTUALIZADA A 11/05/2014 COA PROGRAMACIÓN] En menos dun mes xa temos aquí a terceira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, un festival que crece ano a ano baixo a premisa de crear novas canles de exhibición para as películas feitas polos profesionais do audiovisual en Galicia. As datas definitivas para a edición deste ano son do mércores 4 ao domingo 8 de xuño e xa se coñecen algúns detalles da programación, como o listado de cintas que se proxectarán na Sección Oficial.

As proxeccións levaranse a cabo en tres salas: o Auditorio Municipal, o Museo MARCO e unha sala no Casco Vello onde se pasarán os videoclips e se fará a festa de clausura. Aínda non fixeron pública a programación do festival (incluirémola neste artigo en canto a coñezamos) pero xa sabemos que a sesión de apertura será ao aire libre e proxectarán as obras gañadoras da anterior edición, ademáis de contar cun concerto. Tamén que o domingo terá lugar a gala final e entrega de premios no Auditorio do Concello, na que está prevista unha proxección sorpresa, teatro interactivo en vivo, cotillón e a participación activa de persoeiros recoñecidos da nosa cinematografía e do mundo da cultura.

[ACTUALIZACIÓN 11/05/2014]: A organización xa fixo pública a programación do Festival e velaquí a tedes

programa primavera do cine en vigo

A organización lanzou unha campaña de microachegas na plataforma Verkami coa intención de axudar á financiación do festival. Cada achega ten unha recompensa a cambio, puidendo comprar merchandising ou entradas por anticipado con desconto.

Máis información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*