Cursos gratuitos de son e deseño no mes de maio en Vigosónico

O espazo Vigosónico dependente da Concellería de Xuventude e sito no Parque Tecnolóxico de Valladares volve á carga cunha nova quenda de actividades formativas de balde dirixidas á mocidade viguesa. Neste caso son catro os cursiños ofertados, todos eles de nivel básico e  terán lugar no mes de maio:

  • Sitio web con WordPress: iniciación
  • Deseño gráfico con Software Libre
  • Gravación en estudio
  • Obradoiro de Son en Directo

Preme para ampliar

Como todos os cursos da Concellería, has de ter entre 13 e 35 anos e estar empadroado en Vigo para participar neles. Para inscribirte en calquera destes cursos tes que cubrir este formulario cós teus datos antes do 1 de maio ás 23:59. Podes inscribirte en ata tres cursos á vez, sendo importante que escollas en primeiro lugar o que máis interese teñas por facer. As prazas asignaránse segundo orde de chegada das solicitudes, así que ¡non esperes ao último día!

Máis información:
  • Vigosónico atópase en Estrada do Portal, s/n (MAPA) na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valladares, ao lado do vial de baixada da universidade. Podedes chegar ata alí nas liñas de Vitrasa U1, C7 e L8.
  • Web

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*