Archive for 18 de marzo de 2014

Obradoiro gratuito de teatro improvisado impartido por Uxía Blanco

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organiza a través do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo un obradoiro de teatro improvisado en galego que será impartido pola actriz Uxía Blanco. O obxectivo deste obradoiro gratuito é dotar ao alumnado de recursos para saír airosos no mundo do espectáculo, así como dotalos de recursos para resolver calquera situación na vida real, á par que melloran a súa expresión oral en galego.

Read more

Charla sobre Marketing Online no Centro Cívico Casco Vello o 24 de marzo

O próximo luns 24 de marzo en horario de 19:30 a 21:15 terá lugar a charla titulada “Claves do Marketing Online para PEMEs e Emprendedores. Información, Comunicación, Sentimento e Segmentación” no Centro Cívico Casco Vello (r/Oliva, 12, a carón da Colexiata de Santa María). O conductor do acto será David Domínguez, fundador da axencia de publicidade Fragole, que nos falará acerca dos aspectos a ter en conta á hora de planificar unha estratexia de promoción na rede.

Read more