En Lugo tamén teñen Confederación de Empresarios e, igual que a de Pontevedra, sacaron un listado de cursos subvencionados pola Xunta de Galicia que aínda que están destinados prioritariamente a traballadores en activo tamén admiten desempregados. Informámonos vía telefónica para saber se aceptaban alumnos de fóra da provincia e dixéronos que sí, aínda que obviamente terán preferencia os lugueses. Así que a continuación vos deixamos a lista dos cursos de teleformación nos que vos podedes apuntar a día de hoxe:
- Italiano
- Presentacións de alto impacto
- Habilidades comerciais: novas tendencias na venda
- Cloud Computing. Estratexias corporativas na nube
- Plans de Evacuación e Emerxencias
- Xestión contable, fiscal e laboral en pequenos negocios ou microempresas
- Firma e facturación dixital
Para consultar as datas e programas de cada un así como efectuar a inscripción tedes que acceder ao listado completo de cursos da web da CEL. Neste caso tamén vos podedes matricular en ata 4 cursos á vez, pero logo non poderedes cursar máis de un ao mesmo tempo.
Máis información:
- Web da CEL
- Teléfono dpto. formación: 982.284.015
- Mail: formacion@cel.es
- Perfil en Facebook
Deja una respuesta