Cursos gratuítos para mulleres en asociacións promotoras da Igualdade 2013-2014

logo igualdadeRecentemente a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo fixo pública a listaxe de cursos aprobados dentro do programa municipal de formación persoal «Ser muller é unha boa idea». Estes cursos gratuitos, dirixidos a mulleres maiores de 18 anos, desenvolveranse nas Asociacións de mulleres e vogalías da muller das Asociacións veciñais adheridas ao programa.

Ofértanse en total 52 horas de formación en cada un destes centros durante o período do programa que abrangue desde o mes de outubro de 2013 a xuño de 2014 (algunhas actividades xa comezaron e outras farano nos meses de novembro e de xaneiro). Entre os cursos programados hai varios de temática deportiva -ioga, pilates, tai chi-, artística -debuxo, teatro, percusión e canto tradicional- e outros como o de autoestima e crecemento persoal. Neste enlace podedes consultar o listado completo e os centros onde se imparten.

As interesadas en apuntarse deberán poñerse en contacto coas asociacións e vogalías da muller das asociacións veciñais para solicitar información dos módulos formativos elixidos polas entidades. As inscricións formalizaranse nos locais das asociacións e terán prioridade as mulleres que pertenzan ao barrio, sexan ou non socias da asociación veciñal.

Máis información:

2 comments

  1. Ainoa dice:

    Me gustaria tener 4 latas de coca cola con los nombres:
    Ainoa
    German
    Hemy
    Agus
    Muchas gracias.

  2. milady dice:

    Ola espero q me llege esta lata es muuy guay

Responder a milady Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*