Ciclo de charlas «Historias vividas… e contadas polas súas protagonistas»

logo igualdadeA Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza un ciclo de charlas que terán formato de entrevista a catro mulleres que fixeron historia na cidade de Vigo. Estas charlas terán lugar ao longo de varios martes do mes de abril e maio Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, sito na no 2º andar da Biblioteca Pública Central (r/Joaquín Yáñez, 6). Velaquí o programa:

  • Martes 2 de abril: Mónica Bar entrevista a Aurita González, presidenta da Asociación de Mulleres Dorna.
  • Martes 16 de abril: María Quintero entrevista a Mary Quintero, fotógrafa profesional.
  • Martes 14 de maio: Mª Xosé Porteiro entrevista a Carmen Segurana, sindicalista e impulsora do Movemento Democrático de Mulleres en Galicia.
  • Martes 28 de maio: Mª José del Río entrevista a Antía Cal, mestra e fundadora en 1961 da escola Rosalía de Castro de Vigo.

Todas estas charlas son ás 19:00 horas e de entrada libre ata completar aforo.

Máis información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*