Club gratuito de calceta no Café Rinoceronte en Cangas

A Libraría Café Rinoceronte (Avenida de Bueu, 15, Cangas) está organizando un club de calceta para as persoas interesadas en aprender a tecer ou que queiran intercambiar coñecementos e charlar. O club estará coordinado pola costureira Gloria Barcia, de Saias Ledas, que ensinará os puntos básicos aos que non saiban. O obxectivo, máis que unhas clases ao uso, é o de crear un punto de intercambio de coñecementos entre xente aficionada á calceta e pasar un bo rato.

A participación neste club é de balde e os materiais necesarios -agullas, madexas de lá, etc.- aportaraos cada membro. Aínda que se sabe que se fará en horario de tarde, de momento aínda non hai un horario definido. Están esperando a formar un grupo mínimo de xente interesada e ver cal sería o día da semana máis demandado. Para apuntarte, só tes que enviar un mail cos teus datos e a túa disponibilidade ou preferencia de días e horas ao mail libcaf@rinoceronte.es.

***ACTUALIZACIÓN*** Xa se marcou un horario provisional que comezará a semana que vén: será os mércores e xoves de 18:00 a 22:00. Dentro deses días e desas horas, cada persoa pode entrar e saír cando mellor lle veña.

Por outra banda, na Libraría Café Rinoceronte tamén están empezando a organizar un club de lecturas do mundo e grupos de conversa en linguas estranxeiras. Ambas actividades comezarían a partir do ano que vén e están aínda en estado embrionario, á espera de ver a demanda que teñen. Así que se vos interesa, tedes que mandarlles un mail á mesma dirección ou ben pasarvos pola cafetería dicindo que estades interesados en participar.

Máis información:

2 comments

  1. Felicidades polos vosos artigos e consellos para o aforro que a verdade é que veñen moi moi ben nestes tempos de crise. Están moi ben este tipo de iniciativas como a da libraría de Cangas xa que dinamizan espazos e empréganse para facer actividades interesantes. A última entrada do noso blogue Galicia Cultural tamén trata sobre unha iniciativa moi económica, xa que é de balde, é que ten como protagonistas a Picasso e a cidade de Pontevedra. Convidámosvos a que a vexades http://galiciacultural.org/

Responder a Galiciacultural Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*