Chegou novembro e con él, o tempo das castañas, dos magostos… ¡e do frío! Por iso, este fin de semana e o que vén, distintas asociacions veciñais viguesas organizan magostos populares con actuacións musicais. Podedes consultar o calendario completo de actividade neste enlace á web da FAVEC (Federación Veciñal «Eduardo Chao»). Fixádevos ben, porque hai algúns magostos que son só para socios da asociación veciñal, outros que son abertos ao público xeral pero que as castañas son só para socios e outros nos que tamén ofrecen castañas asadas de balde para os non socios.
Tamén nos enteramos destes outros magostos:
- O venres 9 de 18:30 a 20:00 na cafetería Portobello (CC A Laxe) celebran o magosto con castañas gratis e clase de zumba a partir das 19:00.
- O venres 9 a partir das 19:00, celebran o Magosto en Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, s/n, a carón da pista de bicis), con castañas asadas, música e xogos populares.
- O domingo 11 ás 17:00 na Asociación Veciñal San Salvador de Torneiros (Porriño, MAPA) terán viño e castañas asadas de balde para os asistentes e a actuación da Escola de Gaitas e Percusión Agarimo de Torneiros. Ademáis, rifarán «un precioso porquiño» (ignoramos se vivo ou morto).
- Tamén o domingo 11, pero a partir das 18:30, na ACRD Pardavila (r/Ramón Nieto, 118) con música, baile, castañas asadas e viño de balde.
- O sábado 17 a partir das 17:00 no parque da Bouza en Coia (entre o parque infantil e o estanque), con castañas e viño novo, música e baile.
Se sabedes dalgún outro magosto que se celebre públicamente en Vigo ou arredores, ¡non dubidedes en mandarnos a info!
Gracias a @EmilioMLuna por avisarnos dos magostos da FAVEC por Twitter.
Deja una respuesta