Disquecool celebra mañá a súa Disquefesta

Aínda que en Vigo Low Cost somos máis de movernos polas proximidades -O Morrazo, Porriño, Redondela, etc.- ás veces gustanos viaxar un pouco máis aló, a ver que se coce por terras estranxeiras. E polo visto, o que se coce mañá en Pontevedra non é moco de pavo: Disquecool, o magazine de tendencias online made un Galicia, vai celebrar o seu primeiro ano e pico de vida por todo o grande. Será mañá, 15 de setembro, no Liceo Mutante de Pontevedra (r/Rosalía de Castro, 100), a partir das 16:00 e ata que o corpo aguante. Hai dous prezos: entrada + chapa a 2€, e entrada + chapa + bolsa a 6€.

Aquí vos deixo o programa completo da Disquefesta:

Acción laneira (A partir das 16:00): Prepara as agullas e anímate a deixar a túa pegada na intervención que vestirá de un dos elementos centrais do Liceo Mutante.

Obradoiro de la (A partir das 18:00): se despois da guerrilla quedas con ganas de afondar nalgunha das técnicas laneiras podes facelo no obradoiro que impartirá Home Made Craftytalleres, no que poderás aprender a facer un paxariño de amigurimi, un bolso de ganchillo ou un moedeiro de ganchillo. NOTA: este obradoiro ten un coste de 25€, a pagar aparte do prezo da entrada á Disquefesta.

Olimpíadas Disquecool (A partir das 16:00): Con deportes de risco coma o escondite inglés, lanzamento de gafas de pasta ou salto de corda -en modalidade individual ou grupal-. Un prestixioso xurado avaliará o teu estilo e técnica! Ademais, os nenos tamén poderán participar nas Disqueolimpiadas na súa propia categoría.

Obradoiro infantil de arxila (De 17:00 a 18:00): Se tes fillos ou sobriños tamén os podes levar á Disquefesta! No obradoiro -impartido pola autora do Xeitosiño Blog– poderán dar forma aos seus personaxes favoritos en arxila dura. Ademais, recibirán un agasallo un libro da editorial Kalandraka. O obradoiro está limitado a 10 nenos maiores de catro anos -os máis pequenos poden ir acompañados dun adulto- e require inscripcioón previa mediante mail a cris@disquecool.com.

Quedada Ukelelista (comezará ás 20:30, recomendan ir algo antes para ensaiar): a ukekedada ten como obxectivo interpretar ao ukelele o tema galego ye-yé por excelencia: «O tren» de Andrés do Barro. Por se queredes ir ensaiando na casa, aquí tedes un arquivo coa letra e os acordes.

Concertos (a partir das 18:30): Os Amigos dos Músicos + Santos Morcegos + Dr. Chou e DJ Chema

E ademais, durante toda a tarde:

  • Exposición de Arte Postal: O Mail Art non é outra cousa que o envío de arte por correo, en forma de postal. Na Disquefesta exporanse os traballos recibidos dos seus seguidores.
  • Photobooth: É a alternativa ao photocall para os tímidos e aos que non lles gusta saír vestidos de modernos da casa. Un fotomatón con complementos de todo tipo á túa disposición para crear o teu propio look e sacarte fotos.
  • Concurso «O mellor hipster»:  Preparade o voso mellor estilismo, practicade a pose e deixádevos afotar polo fotógrafo do photocall. As fotos subiranse ao perfil en Facebook de Disquecool para que mediante os votos dos seguidores se elixa aos gañadores. Éstes levarán un diploma que os acreditará como os modernos máis modernos e estilosos e unha chea de agasallos marabillosos e xeniais.
  • Reto tweet-literario: En Disquecool escriben tódolos días e por iso quérennos facer escribir a nós o día da festa. O reto consiste no seguinte: haberá un bol cheo de propostas literarias en pequenos papeis como os das galletas da fortuna. Cada papel terá un personaxe, unha situación, un obxecto ou algún elemento inspirador: ese será o punto de partida para a vosa obra literaria. A extensión da vosa obra estará limitada a un tweet, ou o que é o mesmo: 140 caracteres.

Premios que podes gañar participando nas actividades:

Nas distintas actividades e retos poderás entrar no sorteo ou competir por algúns dos produtos dos que falaron dos que teñen falado na web de Disquecool, das firmas Kalandraka, XeraisRinocerontePunto G, KlingLe marché de Rachel, Oitenta, O Gato Cósmico e Laconicum. Nesta entrada de Disquecool falan dos agasallos e nos seus perfís de Facebook e Twitter hai fotos deles.

Máis información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*