O Grupo Naturalista Vacaloura é unha entidade viguesa sen ánimo de lucro que ten como principais actividades o estudo e a conservación das especies e espazos naturais de Galicia. De xeito periódico organiza excursións, cursos e xornadas de divulgación da natureza, dirixidos ao público en xeral. Unha delas é a xornada de observación de aves migratorias que terá lugar este sábado en Samil.
Dende a punta da desembocadura do Lagares poderanse observar nos illotes e nas augas da ría aves mariñas en paso como carráns (Sterna sspp.), gaivotas (Larus sspp.) e lamícolas (Arenaria interpres, Calidris sspp., Limosa sspp., etc.). Ao rematar farase un percorrido polo interior da Xunqueira do Lagares, na que se realizarán varias estacións de observación para contemplar, entre outras aves, garzas (Ardea sspp.), galiñas de río (Gallinula chlorpus) e outras lamícolas.
A ruta estará guiada por dous expertos naturalistas: Víctor Manuel López Román -autor da guía Aves da area- e Miguel A. Fernández-Martínez. Proporcionarase como material unhas sinxelas fichas para os participantes máis novos, guías de aves para a identificacion e telescopios para facilitar a observación.
- Cando?: sábado día 8 de setembro, a partir das 11:00 e ata aproximadamente as 13:30
- Onde?: o punto de encontro é a porta principal do Complexo Deportivo de Samil, ao lado da desembocadura do Lagares
- Canto custa?: a asistencia é libre, así que o custe é o do billete do Vitrasa para chegar a Samil.
- Máis información: na páxina do Grupo Naturalista Vacaloura en Facebook.
Deja una respuesta