Representación da obra «Tacóns na corda» hoxe no Calvario

A compañía teatral Verdeverás presenta hoxe en La Historia Café Bar «Tacóns na corda», un espectaculo de teatro con música en vivo no que se propón dar voz aos que normalmente non a teñen. Mulleres etiquetadas e estereotipadas, mostran o seu lado menos coñecido, ábrennos o seu mundo coa chave da música para que poidamos reir, reflectirnos e pensar unha vez màs sobre os nosos prexuízos.

En «Tacóns na corda» aparece un músico na rúa (Tato López, cantautor) que comparte co público un dos seus xogos favoritos: imaxinar as historias da xente que pasa por diante del cada dìa. Así, mentres toca a guitarra e canta as súas cancións, observa e pensa qué será da vida de cada un. Pero, se algo aprendeu desta experiencia é que, polo xeral, nada é o que parece. Como mostra deste descubrimento e entrelazadas coas súas cancións, aparecerán Maruxa, La Otra e Chacha (interpretadas todas elas por María Ángeles Iglesias, actriz), tres mulleres diferentes que nos contarán as súas historias.

Aquí vos deixamos un adianto da obra:

  • Cando?: hoxe mércores 6 de xuño, ás 22:00
  • Onde?: en La Historia Café Bar, en r/Cruz Blanca, 5 (é unha rúa pequena ao lado do mercado do Calvario)
  • Canto custa a entrada?: 3€

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*