A Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Emprego do Concello de Vigo celebran os próximos 7 e 8 de maio un obradoiro de procura de emprego en Redes Sociais no Punto Xove.
O obradoiro ten como obxectivo difundir o novo escenario do mercado laboral, facilitando ás persoas que buscan emprego unha maior e mellor adaptabilidade á nova realidade. Constará de dúas sesións nas que se explicará o concepto da web 2.0, das redes sociais e a súa relación coa busca de emprego.
Está dirixido preferentemente (que non exclusivamente) a desempregados menores de 35 anos. Esta mañá chamamos ao Punto Xove para preguntar e aínda quedan prazas, non deixes pasar a oportunidade!
- Cando?: luns 7 e martes 8 de maio, de 17:30 a 19:30
- Onde?: no Punto Xove, en r/López de Neira, 27
- Como me inscribo?: tes que enviar un mail a puntoxove@vigo.org explicando que estás interesad@ en acudir a esta actividade e eles xa che remiten por mail o formulario de inscrición. Para máis información, podedes contactar con eles nese mesmo mail ou chamar ao 986.223.004
Deja una respuesta