Retranca en tempos de crise: Concurso de Monólogos (xoves 12 de abril)

Unha boa forma de sobrelevar a crise e poñerlle unha miguiña de humor… por iso, a Asociación Trabalingua organiza para este xoves un concurso de monólogos en galego na escola de Peritos.

Concurso monólogos Trabalingua

Se algún nos nosos lectores apetécelle participar, só lles tendes que mandar os vosos datos ao mail asociaciontrabalingua@gmail.com xunto cunhas poucas liñas sobre vós mesmos para que vos poidan presentar con todos os honores.

Se es tímido ou non especialmente bo humorista pero queres pasar igualmente un bo rato, tamén podes ir! Primeiro, porque o gañador do concurso elixirase por votación popular (e para iso, fai falta o público) e segundo, porque contarán coa actuación previa do actor e humorista vigués Cándido Pazó.

  • Cando?: Xoves 12 de abril, ás 18:30h.
  • Onde?: Salón de actos da escola de Peritos, en r/Torrecedeira, 86.

Comments are closed.