Castroconcerto de primavera na sala El Contrabajo

Cartel Castroconcertos MarzoHoxe pola noite terá lugar o Castroconcerto deste mes na sala El Contrabajo. Por primeira vez, o programa de concertos organizado pola Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo acollerá un concerto de blues (de mans de Doors of Poetry) e de rock acústico (a cargo de Megaducks).

  • Cando: hoxe mesmo, entre as 21:00 e as 23:00h
  • Onde: na sala El Contrabajo (R/Venezuela, 82; ao lado do cruce con Vázquez Varela e Pizarro). Para quen non a coñeza (¿acaso queda alguén que non coñeza El Contrabajo?) é unha pequena sala de concertos especializada en blues e jazz.
  • Prezo: entrada libre ata completar aforo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*