Profesorado, estudantes e persoal administrativo da Universidade de Vigo saca as clases á rúa este sábado para reivindicar o valor da educación pública como factor decisivo na mellora democrática da nosa sociedade. Denuncian que os recortes económicos que se están a realizar sobre as universidades públicas acaban coa súa autonomía e son un paso previo á privatización. Ademais esixen a derogación das leis e medidas que atentan contra o sistema universitario público.
Tag Archivos de Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo sae á rúa o 20 de abril
Espectáculo do humorista Carlos Blanco hoxe na Facultade de Económicas e Empresariais de Vigo
Hoxe, xoves 4 de abril celébrase San Vicente Ferrer, o Patrón da Facultade de Económicas e Empresariais de Vigo. O prato forte da xornada é esta tarde, xa que contarán con un dos mellores humoristas galegos, Carlos Blanco. A recadación irá destinada á compra de produtos para o Banco de Alimentos. O prezo das entradas é de 5€ para o público xeral e de 3€ para estudantes.
Haz gimnasia en el Campus de Vigo el último jueves de cada mes
Deporte y música mezclados para ofrecer clases divertidas con las que ponerse en forma y cogerle el gusto al ejercicio físico. El Servicio de Deportes de la Universidade de Vigo organizará en colaboración con la Federación Galega de Ximnasia cinco sesiones multitudinarias de modalidades variadas de una hora de duración y sin limitación de acceso. Programadas entre enero y mayo, las actividades se desarrollarán los últimos jueves de cada mes en las instalaciones del Pavillón Universitario del Campus de As Lagoas-Marcosende.
“Tengo una idea, ¿y ahora qué?” taller para emprendedores el 25 de enero
El viernes 25 de enero se celebra en las instalaciones del Campus de Vigo un taller dirigido a futuros emprendedores. El objetivo es orientar sobre las cualidades y actitudes que debe tener un emprendedor para tener éxito en su proyecto. Esta actividad es totalmente gratuita pero con plazas limitadas y está especialmente recomendada a gente que ya tenga una idea desarrollada pero que no sepa cómo convertirla en una realidad.
Dropbox ofrece hasta 25Gb de almacenamiento gratuito para universitarios
¿Conoces el servicio Dropbox? Se trata de un servicio de alojamiento de archivos multiplataforma en la nube, podríamos decir que es como tener un pendrive o un disco duro externo en internet. Dropbox permite a los usuarios almacenar y sincronizar archivos en línea y entre y entre ordenadores y compartir archivos y carpetas con otros.
Leo Bassi hoxe 17 de outubro no CUVI
A programación cultural do campus de Vigo, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria arranca hoxe coa actuación do irreverente Leo Bassi e a entrada é libre ata completar aforamento. O coñecido cómico presenta o seu espectáculo The best of Leo Bassi no que recompila o mellor dos espectáculos dos últimos anos, textos que como o propio cómico recoñece, son parte da súa vida.
Carpa informativa de Xuventude o día 19 de setembro no CUVI
A carpa informativa da Consellería de Xuventude estase a desprazar por varios concellos galegos durante o mes de setembro para dar a coñecer os distintos programas da Xunta de Galicia para a mocidade. Durante o día 19 de setembro a carpa estará na Cidade Universitaria de Vigo. Esta será a única parada que realice por esta zona da provincia de Pontevedra.
Unha gran oportunidade para informarse de todo o que a Consellería de Xuventude pode ofrecernos
Presentación de dúas curtametraxes documentais hoxe pola tarde no CUVI
As curtametraxes Punta Cabalo e Os Vacalouras serán proxectadas hoxe na Universidade de Vigo. Estas dúas pezas audiovisuais foron elaboradas como traballo de fin de curso polo alumnado do obradoiro Iniciación á curtametraxe documental.
A primeira das cintas é unha historia que une a superación humana coa personalidade dos animais, desta volta, os cabalos. A segunda das curtas céntrase nos retos e éxito dun grupo de música local.
Onde? Sala I do Edificio Miralles (a carón do centro comercial do CUVI)
Cando? Hoxe ás 18:00
Prezo? Entrada libre
Concerto de Sés no CUVI o 16 de maio
Como peche á tempada cultural da Universidade de Vigo, chega o concerto de Sés, proxecto musical da cantautora María Xosé Silvar. Despois de máis de 30 concertos por toda Galicia coa banda Chámalle Xis! e dalgunhas colaboracións con Zënzar ou Xabier Díaz, en 2011 María Xosé publica “Admirando a condición”, o primeiro disco de Sés. Completan a súa formación Aixa Romay, Lucía Souto, Carla Álvarez (coros), Tito José Calviño (guitarra), Miguel Queixas (batería), Cristian Leggiero (piano), José Rodríguez (saxo), Moncho Ces (trompeta) e Daviz Paz que, ademais de tocar o saxofón é o produtor musical e arranxista do disco.
Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos con sección de vento e coros, un montón de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario. Velaquí unha mostra do traballo de Sés:
- Cando?: mércores 16 de maio, ás 12:30h.
- Onde?: sala 1 do Edificio Miralles, en pleno corazón do CUVI.
- Cuánto custa?: NADA. A entrada é gratis ata completar aforo.
Ciclo de conferencias sobre a situación das mulleres en Oriente (7 e 8 de maio)
A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo organiza esta semana dúas charlas sobre a situación da muller en paises orientais como Afganistán ou Exipto. A intención de esta actividade é encher o baleiro que se observa na actualidade tendo en conta os cambios sociais e políticos sucedidos nos países de Oriente Medio e norte de África, e o papel que desempeñan as mulleres orientais na cultura musulmá. É preciso falar delas e visibilizar a súa loita e resistencia e informar dunha maneira máis realista ao estudantado da Universidad en particular e á poboación de Vigo en xeral.
Estas charlas levaranse a cabo hoxe, luns 7 e mañá martes 8 de maio:
Ser muller en Afganistán. A cargo de Ana María Briongos, escritora, viaxeira e coñecedora da cultura oriental, Afganistán, Irán e India.
- 7 de maio
- Ás 19:00
- Casa das Mulleres, R/ Romil, 20 (MAPA)
Primaveira árabe: traizón ás mulleres. A cargo de Nazanin Amirian, profesora de Polícitas na UNED, tradutora e escritora de “El Islam sin velo” e “Irán: revolución constante”.
- 8 de maio
- Ás 19:00
- Auditorio Municipal do Areal, antigo Rectorado. R/ Areal, 46 Vigo (MAPA)
Actividade patrocinada pola Unidade de Igualdade e organizada en colaboración con Mina Shayan, investigadora en Estudos de Xénero da Universidade de Vigo. Entrada libre ata completar aforo.
Para máis información:
- 986 813 419
- uvigo.es/administracion/igualdade
- igualdade@uvigo.es











