Tag Archive for cursos de galego

Volven os cursos gratuitos preparatorios para o Celga

Xa temos aquí unha nova edición de cursos para preparar o Celga! A Xunta de Galicia deu a coñecer unha nova tanda de cursos de formación en lingua galega, co obxectivo de prepararse para o exame do Celga 2, Celga 3 ou Celga 4. Estes cursos diríxense a particulares maiores de 16 anos interesados en presentarse as probas para certificar a súa competencia en lingua galega, polo que a realización do curso en sí non da dereito a ningún tipo de certificación.

Read more

Cursos gratuitos de linguaxe administrativa galega e Celga na EOI

A Xunta de Galicia convocou recentemente unha serie de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán nas Escolas Oficiais de Idiomas. Cada un dos cursos, todos eles con caracter gratuito, contará cun número mínimo de 15 prazas e máximo de 25 e terán lugar entre outubro de 2015 e maio de 2016.

Read more

Curso online preparatorio para obter o CELGA 1

Ademáis dos cursos que se van impartir nas EOIs, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organiza un curso online para preparar o exame para obter o certificado CELGA 1. Será un cursiño de nivel elemental, pensado para persoas sen coñecemento algún da lingua galega e diríxese a toda persoa interesada maior de 16 anos e con coñecementos informáticos nivel usuario.

Read more

Nova edición dos cursos gratuítos para obter o CELGA na E.O.I.

A Xunta de Galicia convocou recentemente unha nova edición de cursos preparatorios para as probas dos niveis CELGA (Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4) que se impartirán entre marzo e maio nas Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos, de carácter gratuito, están dirixidos a particulares maiores de 16 anos interesados en presentarse as probas para certificar a súa competencia en lingua galega.

Read more

Cursos gratuítos para preparar o Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia vén de convocar unha serie de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Estes cursos gratuítos diríxense tanto a particulares (sempre que sexan maiores de idade) como a colectivos que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas interesadas en participar nos cursos.

Read more