Cursos y talleres celga

Publicado el 11 de marzo de 2014 | por María Cousido

0

Curso online preparatorio para obter o CELGA 1

Ademáis dos cursos que se van impartir nas EOIs, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organiza un curso online para preparar o exame para obter o certificado CELGA 1. Será un cursiño de nivel elemental, pensado para persoas sen coñecemento algún da lingua galega e diríxese a toda persoa interesada maior de 16 anos e con coñecementos informáticos nivel usuario.

A única forma de inscrición é enviando un correo electrónico ao enderezo sxpl.formacion@xunta.es indicando nome, apelidos, DNI, enderezo electrónico, lugar de residencia e nivel de estudos completado. O prazo de matrícula estará aberto ata o sábado 22 de marzo, adxudicándose as prazas por rigorosa orde de chegada, e o curso desenvolverase entre o 31 de marzo e o 8 de xuño.

Por último, recordade que o obxectivo destes cursos é a preparación para presentarse á proba oficial que terá lugar o domingo 22 de xuño en Santiago, Madrid, Barcelona e Ponferrada. A simple participación no curso non da dereito á obtención de certificación de nengún tipo, nin á certificación de horas.

***[ACTUALIZACIÓN 12/03/2014]***

Onte publicouse no DOG a resolución das probas para a obtención do CELGA, podédelo consultar neste enlace.

Máis información:
¡Compártelo!

Tags: , , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑